Assassin's Creed (videoxogo)
Assassin's Creed | |
---|---|
Logo de Assassin's Creed | |
Desenvolvedor(es) | Ubisoft Montreal |
Distribuidora(s) | Ubisoft |
Produtor(es) | Jade Raymond |
Compositor(es) | Jesper Kyd |
Motor | Havok como motor de físicas e Scimitar como motor gráfico. |
Lanzamento | PS3 e XBox 360: NA EU XP15 de febreiro de 2008 PC: NA 8 de abril de 2008 AU 9 de abril de 2008 EU 10 de abril de 2008. |
Xénero | Acción e aventura |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | 18+ |
Plataforma(s) | PC, PS3, XBox 360, PSP |
Na rede | |
http://assassinscreed.es.ubi.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Assassin's Creed é un videoxogo de acción e aventura lanzado para PlayStation 3, Xbox 360 e PC en novembro de 2007. Dende a súa saída ao mercado, Assassin's Creed vendeu 3,38 millóns segundo Vgchartz.[1] En abril de 2008 lanzouse unha versión de Microsoft Windows titulada Assassin's Creed: Director's Cut Edition que contén contido adicional.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ambientado na Terceira Cruzada e no ano 2012. No 2012 controlamos a Desmond Miles, que se atopa secuestrado pola corporación Abstergo. Durante a Terceira Cruzada manexamos a Altair, un xove pertencente a un grupo de asasinos, cuxa misión é a de salvagardar Terra Santa da intrusión dos cruzados.
Cidades que aparecen
[editar | editar a fonte]Aparecen tres cidades: Xerusalén, Damasco e Acre. As tres están recreadas con gran detalle e nelas Altair debe asasinar certos obxectivos. Tamén pode axudar a diversos cidadáns e enfrontarse aos soldados de ámbolos bandos: cruzados e musulmáns. As tres cidades están conectadas por camiños, que constitúen o maior escenario do xogo: o reino. Nel áchanse batallóns de soldados, poboados e construcións defensivas.
Xogabilidade
[editar | editar a fonte]Habilidades de Altair
[editar | editar a fonte]Como asasino, Altair posúe unha espada, unha daga agochada e coitelos que pode lanzar. Ademais, tamén pode escalar e saltar. Nalgúns sitios elevados pode saltar e caer nun montón de palla (saltos de fe).
Misións secundarias
[editar | editar a fonte]Ademais das misións de asasinatos, no xogo poden realizarse misións secundarias, coma axudar a algúns cidadáns, atopar numerosos estandartes e eliminar a 60 templarios distribuídos por toda Terra Santa.
Crítica
[editar | editar a fonte]Recepción | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
As revistas e páxinas web especializadas déronlle boas notas a Assassin's Creed: 90 en GameSpot, 77 en IGN acadando finalmente un 81 en Metacritic para Xbox 360[6], un 80 para PlayStation 3[5] e un 79 para PC[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=12727
- ↑ "Assassin's Creed for PlayStation 3 - GameRankings". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2009.
- ↑ "Assassin's Creed for Xbox 360 - GameRankings". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2009.
- ↑ "Assassin's Creed for PC - GameRankings". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2009.
- ↑ 5,0 5,1 "Assassin's Creed (ps3) reviews at Metacritic.com". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2011. Consultado o 15 de agosto de 2009.
- ↑ 6,0 6,1 "Assassin's Creed (xbox360) reviews at Metacritic.com". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2009.
- ↑ 7,0 7,1 "Assassin's Creed Director's Cut (pc) reviews at Metacritic.com". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2009.
- ↑ Nelson, Randy (xaneiro de 2008). "Review: Assassin's Creed". PlayStation: The Official Magazine (2) (Future US). pp. 76–77.
- ↑ http://uk.ign.com/articles/2007/11/13/assassins-creed-review