Saltar ao contido

Atis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura de Atis. Museo de Éfeso (Turquía).

Atis (en grego clásico Άττις Áttis) ou Córibas é, na mitoloxía grega e frixia,[1] o fillo/amante de Cibeles, o seu servinte eunuco e condutor da súa carroza tirada por leóns. Atis entoleceu por causa de Cibeles e se castrou a si mesmo. Inicialmente Atis era un deus local de Frixia, con raigame no gran centro comercial frixio de Pesino, situado no sopé do monte Agdistis. A montaña era personificada como un daemon, a quen os estranxeiros emparentaban coa Gran Nai Cibeles.

Os seus sacerdotes eran eunucos, tal como se explica na orixe do mito en referencia a Atis e a castración, ocorrida trala chegada de Cibeles á súa voda cunha ninfa que remata con todo o mundo entolecendo e autocastrándose, esta parte do ritual acabaría converténdose no bautismo de sangue do "Taurobolio".

Orixes e mito

[editar | editar a fonte]

O culto a Atis comezou contra o 1200 a. C. no monte Díndimo (actualmente Murat Dağı en Gediz, Kütahya). A finais do século IV o culto a Atis cobrou forza no mundo grego. A historia da súa orixe en Agdistis, rexistrada polo viaxeiro-xeógrafo Pausanias, posúe certos elementos que claramente non son gregos: a Pausanias dinlle que o daemon Agdistis inicialmente tiña atributos tanto masculinos como femininos[2] "Un monstro hermafrodita, Agditis, naceu dunha pedra fecundada por Zeus. Os deuse decidiron castralo e transformalo en deusa Cibeles, tras unha variante, do sangue do hermafrodita naceu unha amendoeira, comendo unha das súas améndoas, Nana, a filla de do río Sangarios, quedou preñada e deu luz a un neno, Attis. Unha vez máis, Attis celebraba o seu casamento coa filla do rei, cando Cibeles, quen lle profesaba un amor louco, se introduce na sala do festín. Os asistentes enlouqueceron colectivamente: o rei amputouse os seus xenitais; Attis tamén se autocastra baixo un piñeiro e morre.”

Accedendo aos rogos de Cibeles-Agditis, Zeus acepta que o corpo de Attis non se corrompa, que os seus cabelos non deixasen de medrar e que siga movendo o dedo mainiño.

Atis renace como Piñeiro sempre verde. Este renacemento era celebrado o 25 de marzo, o festival de "Hilaria". Segundo relatou o xeógrafo Estrabón, no templo de Cibeles en Pesino, a nai dos deuses era aínda chamada Agdistis.[3]

Na medida que o culto orxiástico de Cibeles se diseminou desde Anatolia ata Grecia e finalmente ata Roma durante a época de Claudio, o culto de Atis, seu consorte eunuco renacido, acompañouna. A primeira referencia literaria sobre Atis é o tema dun dos poemas mais famosos de Caio Valerio Catulo.[4] pero parece que o culto de Atis en Roma non se acoplou co culto preexistente a Cibeles ata comezos do Imperio.[5]

Nacemento

[editar | editar a fonte]

Segundo Sir James George Frazer, o seu nacemento celebrábase en Roma o 21 de marzo (equinoccio de primavera).[6] As festas de Atis celebrábanse en Roma do 15 ó 27 de marzo. Ó longo delas íanse cumprindo determinados ritos e cerimonias cos que se reproducían os actos principais da vida deste deus-home: nacemento, emasculación, morte e resurrección.

  1. "Unha suposta conexión lidia, basada nos estudosos do século XIX sobre unha conexión có Atis de Heródoto, e repetida pola maioría das fontes modernas a excepción de Walter Burkert, foi examinada e descartada por "Jan N. Bremmer (2004). "Attis: A Greek God in Anatolian Pessinous and Catullan Rome". Mnemosyne. 4.ª serie 57 (5): 534–573. 
  2. Pausanias vii.19.
  3. Estrabón, Geografía xii.5.3.
  4. Catulo, poema LXIII. Grant Showerman (1900). "Was Attis at Rome under the Republic?". Transactions and Proceedings of the American Philological Association 31: 46–59. 
  5. Lambrechts (1962) adopta a postura de que previamente Atis fora un seguidor mortal de Cibeles, e que a súa resurrección foi un reflexo do cristianismo no século siglo II d. C.
  6. Frazer, James George (1996). La rama dorada. México: FCE. p. 415. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lambrechts, P. (1962). Attis: Van Herdersknaap tot God. Bruselas: Vlaamse Akademie.  Criticado en North, J.A. (1965). "The Journal of Roman Studies" 55 (1/2): 278–279. 
  • Lane, E.N., ed. (1996). "Cybele, Attis and Related Cults". Essays in Memory of M.J. Vermaseren. Religions in the Graeco-Roman World. Leiden-Colonia. 
  • Frazer, James George (1922). "XXXIV. The Myth and Ritual of Attis". The Golden Bough (en inglés). Bartleby. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]