Saltar ao contido

Esencia de trementina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Augarrás»)
Resina

A esencia de trementina,[1] terebintina[2] ou augarrás[3] é un líquido volátil e incoloro producido mediante a destilación da resina dos piñeiros e doutras coníferas.

Está formado principalmente por unha mestura de hidrocarburos terpénicos, maiormente alfa e beta pinenos, aínda que a súa composición varía dependendo da clase de piñeiro da que proveña a resina.

Augarrás mineral

[editar | editar a fonte]

Sería a auténtica esencia de trementina, que na actualidade é substituída por unha mestura realizada de xeito artificial na preparación de pinturas, vernices e afíns.

Características

[editar | editar a fonte]

A augarrás é un líquido incoloro ou con lixeiro cor amarelado e cheiro característico como a piñeiro.

  • Densidade: 0,850 - 0,860 g/cm³
  • Non é miscible coa auga.
  • Temperatura de inflamación: > 33 °C
  • Temperatura de ebulición: > 154 °C a 760 mm Hg
  • CAS: 8006-64-2
  • Núm. CE: 232-350-7
  • Perigos para a saúde: inflamable, nocivo por inhalación, inxestión e en contacto coa pel (pode producir alerxia).
  • Perigos para o medio ambiente: é tóxico para os peixes e as algas.
  • ADR: UN 1299 TREMENTINA, 3, III

Está considerada como unha mercadoría perigosa

O principal uso da augarrás foi sempre como disolvente de pinturas ou como materia prima para a fabricación de pinturas e vernices. Na actualidade está sendo substituída por mesturas de hidrocarburos máis baratas, tales como o chamado 'white spirit'.[Cómpre referencia]

Transformado, a augarrás tamén utilízase para formular repelentes para piollos, xeles para fregas ou emplastes.

Outros usos inclúen a elaboración de fragrancias. Os usos dos pinenos que poden obterse con posteriores destilacións son tamén múltiples.

Manexo como residuo

[editar | editar a fonte]

Debido á toxicidade da augarrás non é adecuado vertela á rede de sumidoiros ou ao chan. A augarrás debe ser considerada un refugallo perigoso e a partir do punto de vista ambiental debe tomarse en conta buscar a redución do seu uso, a reutilización e a súa correcta canalización. A augarrás pode ser reempregada se logo de utilizarse para lavar unha brocha con pintura se deixa un tempo que as partículas desta se decanten e entón pode ser colado.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trementina.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terebintina.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para augarrás.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]