Saltar ao contido

Mercadoría perigosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adestramento dunha situación de perigo tóxico.

As mercadorías perigosas son materias ou obxectos que presentan risco para a saúde, para a seguridade ou que poden producir danos no medio ambiente, nas propiedades ou ás persoas. A estremeira mercadoría perigosa utilízase no ámbito do transporte; nos ámbitos de seguridade para a saúde ou etiquetado utilízase o termo substancia ou preparado perigoso.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Todas as mercancías perigosas están clasificadas atendendo ás súas características químicas e ao seu grao de perigosidade. Existen trece clases diferentes.

Clase 1: Materias e obxectos explosivos

[editar | editar a fonte]

Son materias ou obxectos que, debido a unha reacción química, poden desprender gases a unha temperatura ou velocidade que poden producir danos; ou materias que poden producir reaccións exotérmicas.

Dentro desta clase as materias, os obxectos subdivídense en función do risco de explosión en masa, de proxección ou de incendio.

Exemplos: Lumes artificiais, bengalas, bombas, foguetes, municións, mechas, detonadores.

Clase 2: Gases

[editar | editar a fonte]

Son materias que a presión normal e 20 °C atópanse en estado gasoso ou ben cunha presión de vapor superior a 3 bares a 50 °C. Os gases poden presentarse licuados, comprimidos ou refrixerados.

En función das súas propiedades poden clasificarse como asfixiantes, comburentes, inflamables ou tóxicos. En virtude desta clasificación establécense tres divisións.

2.1 Gases inflamables, isto é, gases que poden inflamarse en contacto cunha fonte de calor. Ex. propileno, etano, butano.

2.2 Gases non inflamables non tóxicos, son gases que, ou ben, desprazan o osíxeno producindo asfixia ou teñen características comburentes. Ex. osíxeno, helio.

2.3 Gases tóxicos, poden producir, por inhalación, efectos agudos ou crónicos ou irritantes, e aínda a morte. Os gases tóxicos poden, ademais, ser inflamables, corrosivos ou comburentes. Ex. cloro.

Clase 3: Líquidos inflamables

[editar | editar a fonte]

Son líquidos cun punto de inflamación máximo de 60 °C. Estas materias poden presentar, ademais, características tóxicas ou corrosivas. Ex. tolueno, augarrás, gasolina.

Clase 4.1: Materias sólidas inflamables, materias autorreactivas e materias explosivas desensibilizadas sólidas

[editar | editar a fonte]

Son materias ou obxectos que se inflaman con facilidade (por ex. por frotamiento, materias pulvurentas en contacto con fontes de calor); ou materias inestables que poden experimentar reaccións de descomposición exotérmicas. Ex. nitratos.

Clase 4.2: Materias que poden experimentar inflamación espontánea

[editar | editar a fonte]

Son materias que en contacto co aire poden quentarse ou inflamarse e arder. Ex. fósforo branco.

Clase 4.3: Materias que en contacto coa auga desprenden gases inflamables

[editar | editar a fonte]

Son materias ou obxectos que, en contacto coa auga reaccionan desprendendo gases inflamables ou que poden formar mesturas explosivas co aire. Ex. bario, calcio.

Clase 5.1: Materias comburentes

[editar | editar a fonte]

Son líquidos ou sólidos que poden provocar ou favorecer a combustión (en xeral dan lugar a reaccións que desprenden osíxeno) doutras materias. Ex. nitrato amónico, permanganato sódico.

Clase 5.2: Peróxidos orgánicos

[editar | editar a fonte]

Son materias derivadas do peróxido de hidróxeno (auga osixenada), no cal un ou dous dos átomos de hidróxeno son substituídos por radicais orgánicos.

Clase 6.1: Materias tóxicas

[editar | editar a fonte]

Materias que, en cantidades relativamente pequenas, que poden danar á saúde do ser humano ou causar a súa morte por inhalación, absorción cutánea ou inxestión. Ex. metanol, cloruro de metileno.

Clase 6.2: Materias infecciosas

[editar | editar a fonte]

Son materias das que se sabe ou se cre que conteñen axentes patóxenos, é dicir, microorganismos (bacterias, virus, prións) que poden provocar enfermidades aos animais ou aos seres humanos. Ex. mostras de diagnose ou ensaio.

Clase 7: Materias radioactivas

[editar | editar a fonte]

Son obxectos ou materias que conteñen radionúcleos.

Clase 8: Materias corrosivas

[editar | editar a fonte]

As materias ou obxectos que, por contacto, danan o tecido epitelial da pel ou as mucosas; ou que poden dar lugar a danos noutras mercancías ou en propiedades en caso de derramo. Ex. ácido sulfúrico, hipoclorito sódico.

Clase 9: Materias e obxectos que presentan perigos diversos

[editar | editar a fonte]

Son materias que supoñen algún tipo de perigo non contemplado entre os anteriores: dioxinas, pos finos que poden provocar danos nas vías respiratorias, pilas de litio, materias perigosas para o medio ambiente... Dentro desta categoría a mercadoría máis común é o Xeo seco (CO2, dióxido de carbono) que se usa para refrixerar diversos produtos.

Condicións de transporte

[editar | editar a fonte]

Co fin de realizar un transporte seguro e de eliminar ou minimizar os riscos derivados destas materias, as diversas lexislacións establecen unha serie de condicións mínimas que deben cumprirse en calquera operación de carga, descarga ou transporte.

En xeral todas as lexislacións establecen as mercancías que se poden, ou non, transportar e as cantidades máximas; as características e homologacións requiridas ós embalaxes e ós vehículos; a formación das persoas intervenientes; o etiquetado e a documentación e as condicións de seguridade requiridas.

Lexislación Internacional sobre Transporte de Mercadorías Perigosas

[editar | editar a fonte]

O transporte de mercadorías perigosas realízase baixo o amparo de cinco regulamentos ou acordos internacionais, en función do medio de transporte utilizado.

  • ADR Acordo internacional para o transporte de mercadorías perigosas por estrada.
  • ADN Acordo internacional para o transporte de mercadorías perigosas por vía navegable.
  • RID Regulamento internacional para o transporte de mercadorías perigosas por ferrocarril.
  • Código IMDG Código marítimo internacional de mercadorías perigosas.
  • Regulacións da IATA/OACI Instrucións técnicas para o transporte sen risco de mercadorías perigosas por vía aérea.

As cinco lexislacións son moi semellantes, aínda na propia estrutura dos textos. Actualmente estase tendendo a unha integración de todos os códigos. Polo momento existe o recoñecemento mutuo da documentación, de embalaxes e/ou etiquetas co fin de permitir ou facilitar transportes multimodais.

Lexislación Básica Española para Transporte de Mercadorías Perigosas por Estrada

[editar | editar a fonte]
  • ADR en vigor: BOE 21 de xaneiro de 2005.
  • Real Decreto 551/2006 de 5 de maio polo que se regulan as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada en territorio español.
  • Real Decreto 1566/1999, de 8 de outubro, sobre os Conselleiros de Seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable (Que é un CONSELLEIRO DE SEGURIDADE?[Ligazón morta]): BOE 20 de outubro de 1999.
  • Orde de 24 de abril de 2000 pola que se regula o parte de accidentes: BOE de 17 de maio de 2000.
  • Orde FOM/605/2004 de 27 de febreiro de 2004 sobre a capacitación profesional dos conselleiros de seguridade: BOE de 9 de marzo de 2004
  • Orde de 11 de xaneiro de 2001 pola que se regula o informe anual: BOE de 26 de xaneiro de 2001.
  • Regulamento Xeral de Condutores. BOE 6 de novembro de 1998.
  • Regulamento Xeral de Vehículos. BOE 26 de xaneiro de 1999.
  • Restricións ao tráfico. BOE 9 de marzo de 2006.
  • Real Decreto 230/1998 de 16 de febreiro: BOE 12 de marzo de 1998. Polo que se aproba o Regulamento de Explosivos. Particular para os que opten pola especialidade de explosivos.
  • Real Decreto 277/2005 de 11 de marzo: BOE do 12 de marzo de 2005. Polo que se modifica o Regulamento de Explosivos, aprobado polo real Decreto 230/1998, de 16 de febreiro.
  • Orde FOM/238/2003 de 31 de xaneiro: BOE 13 de febreiro de 2003. Pola que se establecen normas de control en relación cos transportes públicos de mercadorías por estrada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]