Austin Powers: A espía que me achouchou
Austin Powers: A espía que me achouchou | |
---|---|
Logo de Austin Powers | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Austin Powers: The Spy Who Shagged Me |
Director | Jay Roach |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Personaxes de Mike Myers |
Intérpretes | |
Música | George S. Clinton |
Fotografía | Ueli Steiger |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | New Line Cinema |
Estrea | 11 de xuño de 1999 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $33 000 000[1] |
Recadación | $312 000 000 |
Filme anterior | Austin Powers: International Man of Mystery |
Filme seguinte | Austin Powers in Goldmember |
Na rede | |
http://newline.com/properties/austinpowersthespywhoshaggedme.html | |
Austin Powers: A espía que me achouchou (en inglés: Austin Powers: The Spy Who Shagged Me) é un filme estadounidense de 1999 e o segundo título da serie Austin Powers. Foi precedido polo filme orixinal, Austin Powers: International Man of Mystery (1997) e seguido por Austin Powers in Goldmember (2002). Foi dirixido por Jay Roach, co-escrito por Mike Myers e guionizado por Michael McCullers,[2] e unha vez máis, Myers interpreta as personaxes principais. O título do filme é unha referencia ó filme de James Bond 007: A espía que me amou (The Spy Who Loved Me).
O filme recadou máis de $312 millóns en todo o mundo, conseguindo máis recadación na primeira semana de estrea que toda a recadación do seu predecesor. Foi nomeado na 72ª edición dos Oscar na categoría de mellor maquillaxe (Michèle Burke e Mike Smithson).[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mike Myers como Austin Powers, Dr. Evil, Fat Bastard
- Heather Graham como Felicity Shagwell[4]
- Michael York como Basil Exposition
- Robert Wagner como Number 2
- Rob Lowe como Number 2 mozo
- Mindy Sterling como Frau Farbissina
- Seth Green como Scott Evil
- Verne Troyer como Mini-Me
- Elizabeth Hurley como Vanessa Kensington
- Gia Carides como Robin Spitz-Swallows
- Will Ferrell como Mustafa
- Oliver Muirhead como Coronel Británico
- Clint Howard como Johnson Ritter
- Kristen Johnston como Ivana Humpalot
- Jeff Garlin como Cyclops
- Michael McDonald como soldado da OTAN
- Burt Bacharach como el mesmo
- Elvis Costello como el mesmo
- Jerry Springer (cameo) como el mesmo
- Steve Wilkos (cameo) como el mesmo
- Rebecca Romijn como ela mesma
- Woody Harrelson como el mesmo
- Charles Napier como Xeneral Hawk
- Tim Robbins como o Presidente
- Willie Nelson como el mesmo
Dobraxe en galego
[editar | editar a fonte]Actor orixinal | Actor de dobraxe | Personaxe |
---|---|---|
Mike Myers | Antón Olmos | Austin Powers |
Heather Graham | Isabel Vallejo | Marifé Lación |
Mike Myers | Luís Iglesia | Doutor Maligno |
Mike Myers | César Cambeiro | Gordo Cabrón |
Robert Wagner | Monti Castiñeiras | Número Dous |
Seth Green | Óscar Fernández | Scott Maligno |
Mindy Sterling | Lucía Cid | Frau Caput |
Kristen Johnston | Patricia de Lorenzo | María Unpallote |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Natale, Richard (14 de xuño de 1999). The Los Angeles Times, ed. "Feelin' Pretty Groovy: 'Austin Powers,' the Spy Who's No. 1". Consultado o 5 de novembro de 2010.
- ↑ Turner Classic Movies (ed.). "Austin Powers: The Spy Who Shagged Me". Consultado o 11 de abril de 2016.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Nominees & Winners for the 72nd Academy Awards". AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2011. Consultado o 26 de marzo de 2014.
- ↑ Chicago Tribune, ed. (17 de xuño de 1999). "NO JOKE ALMOST BY HERSELF, HEATHER GRAHAM TAKES AUSTIN POWERS SERIOUSLY". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 1999
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Jay Roach
- Filmes sobre clonación
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes rodados no estado de Washington
- Filmes de New Line Cinema
- Filmes ambientados en 1969
- Filmes ambientados en 1999
- Filmes de viaxes no tempo
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 1999 con versión en galego