Saltar ao contido

Avenoiteiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avenoiteiras
Caprimúlxidos
Caprimulgidae

Chordeiles minor e Caprimulgus vociferus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Caprimulgiformes
Familia: Caprimulgidae
Vigors, 1825
Subfamilas e Xéneros
Véxase o texto

As avenoiteiras, noitebras ou noitaregas[1] é o nome co que se coñecen popularmente as aves da orde dos caprimulxiformes pertencentes á familia dos caprimúlxidos.

Estes nomes débense aos seus hábitos nocturnos. Son aves de ás longas e patas curtas, que normalmente fan o seu niño no chan e que se alimentan de insectos voadores, como bolboretas e mosquitos. Os membros deste grupo atópanse amplamente espallados no mundo.

Os caprimúlxidos son aves pouco coñecidas, sobre todo debido aos seus hábitos nocturnos e á súa plumaxe críptica. Porén, están espallados por todo o planeta, principalmente nas rexións máis quentes. Teñen o costume de vivir preto de rabaños, xa que estes lles garanten unha boa concentración de insectos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Subfamilia Chordeilinae

Subfamilia Caprimulginae

Subfamilia Eurostopodidae


  1. VV.AA. (2008): Dicionario Xerais Galego-Castelán, Castellano-Gallego. Vigo: Ed. Xerais, páx. 75.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]