Ayer
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Cabanaquinta | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.076 (2023) (26,81 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 7.200 (2001) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 375,89 km² | ||||
Altitude | 2.123 m | ||||
Punto máis baixo | río Ayer | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Carlos Iglesias (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33686 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33002 | ||||
Páxina web | ayto-aller.es |
Ayer, nome oficial en asturiano,[1] (en castelán: Aller) é un concello da comunidade autónoma do Principado de Asturias en España. Limita ao norte con Mieres, ao sur coa provincia de León, ao leste con Llaviana, Casu e Sobrescobiu e ao oeste con Ḷḷena. Ten unha poboación de 10.201 habitantes.
Cruzado polo río do mesmo nome, forma parte xunto cos concellos de Ḷḷena e Mieres da conca mineira do Caudal. A súa principal actividade económica foi a minería do carbón, especialmente na parte baixa do val, compaxinada coa agricultura e a gandería. O curso baixo do río Ayer, preto da súa confluencia co Caudal, forma un val profundo entre empinadas ladeiras cubertas de bosques. Dominan a paisaxe as torres dos pozos de carbón e as edificacións dos pobos mineiros.
Río arriba chégase a Cabanaquinta, capital do concello desde 1869, pasada a cal a paisaxe transfórmase paulatinamente nun val de alta montaña que culmina no porto de San Isidro (1.520 m), límite de Asturias con León. A beleza desta paisaxe e a atracción da leonesa estación de esquí no porto supuxeron un espectacular crecemento do sector turístico nos últimos anos, destacando a localidade de Felechosa, a 13 km do alto.
Entre as belezas naturais atópanse as Fouces do Piñeiro e as do Ayer, profundas gargantas escavadas por estes ríos na calcaria de montaña. Ademais, o concello ofrece unha gran variedade de rutas que seguen os camiños dos pastores tradicionais desde as vilas do fondo dos vales ata as fermosas brañas imposibles de adiviñar desde abaixo.
Tamén se pode acceder a cumes emblemáticos como o Torres (2.100 m), o Toneo, Pena Redonda, o Retriñón e Pena Mea.
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de Ayer entre 1842 e 2021 |
Fonte: INE. |
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decreto 30/2008, de 8 de abril, por el que se determinan los topónimos oficiales del concejo de Aller" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ayer |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Concello Arquivado 02 de xullo de 2011 en Wayback Machine.