Búfalo anano de Mindoro
Búfalo de Mindoro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Área de distribución de Bubalus mindorensis.
|
O búfalo anano de Mindoro (Bubalus mindorensis) é unha especie de bóvido de tamaño pequeno que vive unicamente na illa de Mindoro, en Filipinas. Na illa atópase tamén o seu parente o búfalo indio, do que este se diferencia sobre todo polo seu tamaño moito menor. Tamén é máis peludo, de cornos máis curtos e coa cara de cor máis clara que o resto do corpo que o seu parente. Non se coñecen subespecies.[2]
No pasado podía encontrarse tamén na illa de Luzón, pero a caza e destrución do seu hábitat minguou a súa poboación a unhas poucas cabezas en certas chairas herbáceas de Mindoro. A especie, polo tanto, corre un grave perigo de extinción. Na actualidade é unha especie protexida e considérase un símbolo das illas Filipinas. Mesmo figurou nas moedas dun peso que se acuñaron entre 1980 e os primeiros anos 1990.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hedges, S., Duckworth, J.W., Huffman, B., de Leon, J., Custodio, C. & Gonzales, J. (2013). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Búfalo anano de Mindoro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Búfalo anano de Mindoro |