Saltar ao contido

Babel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Babel é o nome do lugar ("unha chaira na terra de Sinar"), onde, de acordo coa Biblia (Xénese 11:1-9), se levou a cabo un intento infrutuoso de erixir unha torre de altura suficiente para alcanzar o ceo: a Torre de Babel.

Deus confundiu os idiomas daqueles que estaban traballando na súa construción, razón pola cal non foron capaces de entenderse os uns aos outros, e o proxecto fracasou. Non se explicita que Deus destruíra directamente os esforzos dos construtores; aparentemente, a construción caeu no abandono.

Este lugar identificouse con Babilonia, pero hai diferentes hipóteses sobre a súa localización precisa.

O substantivo deriva de dúas raíces: "bab" (porta) e "el" (Deus), "a porta cara Deus"; mais na lingua hebrea hai unha palabra similar, "balal", que significa "confusión".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]