Baikonur
Байқоңыр (kk) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Casaquistán | ||||
Província (pt) | Qyzylorda (pt) | ||||
Akimat of city of regional significance (en) | Q20098543 | ||||
Cidade grande | Qyzylorda (pt) | ||||
Enclave en | Qyzylorda (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.161 (2018) (687,04 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 57 km² | ||||
Altitude | 100 m | ||||
Creación | 1955 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Q19861743 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 468320 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 33622 | ||||
ISO 3166-2 | sen valor e KZ-BAY | ||||
Sitio web | baikonuradm.ru |
Baikonur[Cómpre referencia] (en casaco Байқонгир/Baýqoñır, e en ruso Байконур), anteriormente coñecida como Leninsk, é unha cidade de Casaquistán administrada por Rusia. Localízase ás beiras do río Sir Daria.
Construíuse para servir ao Cosmódromo de Baikonur e foi oficialmente bautizada como Baikonur polo presidente ruso Boris Eltsin o 20 de decembro de 1995. Durante o período soviético ás veces era referida como Звездоград (Zvezdograd), en ruso "Cidade das Estrelas".[1]
A Baikonur orixinal (en kazhako "terra fértil con moitas herbas") é unha localidade mineira situada 320 km ao nordés do cosmódromo, preto de Dzhezkazgan na exión de Karagandy. Dende o lanzamento do Vostok 1 en abril de 1961, a área de lanzamentos recibiu este nome para causar confusión e manter a súa situación en segredo. Os habitantes da Baikonur orixinal aproveitáronse da confusión para encargar e recibir materiais antes de que as autoridades descubrisen o erro.[2]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Fotografía U-2 do R-7 Launch Pad en Tyura-Tam
-
Baikonur e o río Syrdarya
-
Entrada da cidade
-
Neno casaco con camelo en Baikonur
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barensky, C.; Lardier, Stefan (2013). The Soyuz launch vehicle the two lives of an engineering triumph. Nova York: Springer. p. 189. ISBN 146145459X.
- ↑ Siddiqi, Asif A. Challenge To Apollo: The Soviet Union and the Space Race, 1945-1974. NASA. p. 284.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baikonur |