Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Catedral-Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza | |
---|---|
Vista do conxunto | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Aragón |
Tipo | Planta basilical de tres naves e sete tramos con bóvedas de canón, nas que se intercalan cúpulas e bóvedas de prato |
Advocación | Nosa Señora do Pilar |
Localización | Praza Nuestra Señora del Pilar s/n, Zaragoza |
Coordenadas | 41°39′25″N 0°52′42″O / 41.656882, -0.878327 |
Catalogación | Ben de Interese Cultural (22 de xuño de 1904, RI-51-0000083) |
Culto | |
Culto | Igrexa latina |
Diocese | Arquidiocese de Zaragoza |
Arquitectura | |
Construción | • Ata o século XIII, construción dunha igrexa románica
1293-1515, Nova igrexa gótico-mudéxar • 1681-1730, Nova basílica • 1754-1765, Reforma capela • 1866-1872, Cúpulas centrais • 1903-1907, Segunda torre • 1950-1961, Torres Norte |
Arquitectos | Felipe Busiñac e Felipe Sánchez, continuadas por Francisco de Herrera el Mozo (basílica). • Reforma de Ventura Rodríguez |
Estilo | Barroco, Rococó, Neoclásico |
Medidas | lonxitude = 130 m anchura = 67 m altura máxima = 98 m |
Páxina web | http://www.basilicadelpilar.es/inicio.htm |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Catedral-Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza é un importante templo barroco situado na cidade de Zaragoza, en Aragón, xunto ao río Ebro.
Segundo a tradición, trátase do primeiro templo mariano da cristiandade, posto que nel se conserva e venera o piar -en realidade, unha columna de xaspe- que foi posto pola Virxe María quen, vivindo aínda en Xerusalén, se tería aparecido en carne mortal ao apóstolo Santiago o 2 de xaneiro do ano 40. Documentalmente non hai probas do consignado na tradición, cuxos pormenores datan de 1297 (nunha bula do papa Bonifacio VIII) e 1299 (nunha declaración dos Xurados de Zaragoza), onde por primeira vez se testemuña a advocación de «Santa María do Pilar», tras emprender en 1293 o bispo Hugo de Mataplana unha rehabilitación do edificio que ameazaba ruína, grazas ás doazóns propiciadas pola mencionada bula papal.
A historia documentada do templo remóntase ao século IX, cando segundo a Historia do traslado de San Vicente de Aimoino, se testemuña a existencia dunha igrexa mozárabe en Saraqusta dedicada a Santa María no mesmo lugar no que actualmente se encontra a basílica barroca. En torno a este templo articulábase unha das comunidades de cristiáns da cidade.
Arquitectonicamente, o templo articúlase en tres naves, de igual altura, cubertas con bóvedas de canón, nas que se intercalan cúpulas e bóvedas de prato, que descansan sobre robustos piares. O exterior é de ladrillo, seguindo a tradición de construción en ladrillo aragonesa, e o interior revogado en estuco. A nave central áchase dividida pola presenza do altar maior baixo a cúpula central. O altar está presidido polo gran retablo maior da Asunción, pertencente á Igrexa anterior, realizado polo escultor Damián Forment no século XVI, seguindo os modelos impostos do retablo gótico da veciña catedral zaragozana do Salvador (A Seo). Baixo as outras dúas cúpulas elípticas da nave central, dispúxose a Santa Capela da Virxe do Pilar, e o coro e órgano, que tamén procedían da igrexa gótica predecesora. Actualmente encóntranse desprazados ao tramo dos pés do templo, para dotar de maior espazo os fieis que ocupan a nave dende o altar maior.
O Pilar ostenta o rango de catedral dende a Bula de Unión de 1676, compartindo dende entón a sede do arcebispo de Zaragoza coa veciña catedral do Salvador. En 1948, o Papa Pío XII concedeulle o título de Basílica. É ademais dende 2007, un dos 12 Tesouros de España.[Cómpre referencia]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada sur
-
Nave da Epístola
-
Cúpula Regina Martirum de Francisco de Goya
-
Capela da Virxe do Pilar
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ANSÓN NAVARRO, Arturo y Belén Boloqui Larraya, «Zaragoza Barroca», en Guillermo Fatás Cabeza (coord.), Guía histórico-artística de Zaragoza, Zaragoza, Institución «Fernando el Católico»; Ayto. de Zaragoza, 2008, 4.ª ed. revisada y ampliada, págs. 249-327. Cfr. especialmente la sección «Basílica de Nuestra Señora del Pilar», págs. 287-322.— ISBN 978-84-7820-948-4.
- «El Pilar» Arquivado 23 de agosto de 2018 en Wayback Machine., Gran Enciclopedia Aragonesa (en liña). [Consulta:22-7-2008]
- NOUGUÉS SECALL, Mariano, Historia crítica y apologética de la Virgen nuestra señora del Pilar de Zaragoza y de su templo y tabernáculo desde el siglo I hasta nuestros días, Madrid, Alejandro Gómez Fuentenebro, 1862.
- ORTIZ ALBERO, Miguel Ángel, Julián Pelegrín Campo e María Pilar Rivero Gracia, El Pilar desconocido, Zaragoza, Heraldo de Aragón, 2006, páx. 13.—D. L. Z-2597-06. OCLC 433533535
- RINCÓN GARCÍA, Wifredo, El Pilar de Zaragoza, Zaragoza, Everest, 2000. ISBN 84-241-0044-1.
- RISCO, Manuel, España Sagrada, t. XXX. Contiene el estado antiguo de la Santa Iglesia de Zaragoza [...] y una colección de las epístolas de San Braulio [...], Madrid, Antonio de Sancha, 1775.