Batalla de Aclea
Batalla de Aclea | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Invasións viquingas de Inglaterra | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Anglosaxóns | Viquingos daneses | ||||||
Líderes | |||||||
Æthelwulf | Descoñecido |
A batalla de Aclea foi un acontecemento bélico que tivo lugar no 851 (aínda que para outras fontes foi non 852)[1] entre anglosaxóns e viquingos daneses nalgún lugar de Ockley, Surrey.[2][3]
Contexto
[editar | editar a fonte]Os saxóns de Aethelwulf, rei de Wessex, tiveron que facer fronte a outra onda de invasores daneses. Aínda que non existen moitos detalles sobre a batalla, a maior parte da información procede da Crónica anglosaxoa na que se mencionan, ese ano, 5 ataques viquingos no sur de Inglaterra:
350 Naves [viquingas] asucaron o Támese arrasando Canterbury e Londres, obrigando a Beorhtwulf, rei de Mercia, fuxir co seu exército cara ao sur do Támese en Surrey, e o rei Aethelwulf e o seu fillo Aethelbald co exército de Wessex loitaron contra eles en Oak Field [Aclea], e fixeron a maior matanza de invasores pagáns que ouvimos até o día de hoxe,[4]obtendo a vitoria.[5][6]
Nun período de constantes enfrontamentos cons viquingos, a partir do 793, a batalla de Aclea foi unha excepcional vitoria dos anglosaxóns pois as invasións fóronse intensificando até a chegada do Grande exército pagán no 865. Daquela, a batalla de Aclea quedara reducida a unha simple anécdota histórica.
Localización
[editar | editar a fonte]A localización exacta da batalla aínda non se identificou con certeza. A proposta con máis partidarios é a de Oakley en Surrey mais tamén se teñen considerado Oakley Wood,[1] preto de Merstham (Surrey) ou Oakley en Hampshire.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "THE BATTLE OF OCKLEY, A.D. 852." (PDF). archaeologydataservice.ac.uk (en inglés). Consultado o 5-8-2020.
- ↑ Crónica anglosaxoa: Manuscrito de Winchester (Traducido por M. Swanton (2000), Phoenix Press)
- ↑ Williams, Ann (1991) A Biographical Dictionary of Dark Age Britain, Seaby
- ↑ "até o diía de hoxe" refírese a corenta anos máis tarde, cando principiou a escrita da Cronica anglosaxoa.
- ↑ Swanton (2000), p. 64
- ↑ Baker (1995), p. 28
- ↑ Asser (2013), nota 38, p. 12
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Asser (traducido por Alban Gautier) (2013). Histoire du roi Alfred (en francés). París: Les Belles Lettres. ISBN 978-2-251-34063-0.
- Baker, Derek (1993). England in the Early Middle Ages (en inglés). Dallas: Academia. ISBN 978-0-85115-647-7.
- Keynes, Simon; Lapidge, Michael, eds. (1983). Alfred the Great: Asser's Life of King Alfred & Other Contemporary Sources (en inglés). Londres: Penguin Classics. ISBN 978-0-14-044409-4.
- Swanton, Michael, ed. (2000). The Anglo-Saxon Chronicles (en inglés). Londres: Phoenix Press. ISBN 978-1-84212-003-3.