Saltar ao contido

Batman empeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Batman empeza
Ficha técnica
Título orixinalBatman Begins
DirectorChristopher Nolan
ProdutorEmma Thomas, Charles Roven, Larry J. Franco
GuiónChristopher Nolan e David S. Goyer
IntérpretesChristian Bale
Michael Caine
Liam Neeson
Katie Holmes
Morgan Freeman
Gary Oldman
MúsicaJames Newton Howard
Hans Zimmer
FotografíaWally Pfister
MontaxeLee Smith
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 15 de xuño de 2005
Galicia 8 de xaneiro de 2009 (TVG)
Duración140 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroAcción
Orzamento$150 000 000[1]
Recadación$374 200 000
Filme seguinteO cabaleiro escuro
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/batman-begins
IMDB: tt0372784 Filmaffinity: 943383 Allocine: 51013 Rottentomatoes: m/batman_begins Mojo: batmanbegins Allmovie: v289465 TCM: 546292 Metacritic: movie/batman-begins TV.com: movies/batman-begins BNE: XX5628614 Netlix: 70021642 Editar o valor en Wikidata

Batman empeza (en inglés: Batman Begins) é unha película estadounidense dirixida por Christopher Nolan, estreada no 2005 e baseada no súper heroe da DC Comics, Batman. Estreouse en galego na TVG o 8 de xaneiro de 2009.[2]

Narra a orixe da lenda de Batman e os motivos que o converteron no representante do ben na cidade de Gotham. Bruce Wayne vive obsesionado coas lembranzas dos seus pais, mortos a tiros na súa presenza. Atormentado pola dor, vaise de Gotham e percorre o mundo ata que atopa a un estraño personaxe que o adestra en tódalas disciplinas físicas e mentais que lle servirán para combater contra os delincuentes. Por esta razón, a Liga das Sombras, unha poderosa e subversiva sociedade secreta dirixida polo enigmático Ra's Al Ghul, intenta recrutalo. Cando Bruce volve a Gotham, a cidade está dominada polo crime e a corrupción. Coa axuda do seu leal mordomo Alfred, do detective da policía Jim Gordon e de Lucius Fox, o seu aliado na sociedade Ciencias Aplicadas de Wayne Enterprises, Wayne libera ó seu alter ego: Batman, un xusticeiro enmascarado que emprega a forza, a intelixencia e un despregue de artefactos de alta tecnoloxía para loitar contra as sinistras forzas que ameazan con destruír a cidade.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2005: Nomeado ó Oscar: Mellor fotografía.
  • 2005: Nomeado ó BAFTA: Mellores efectos visuais, montaxe, son.
  • 2005: Nomeado ós Premios Razzie: peor actriz secundaria (Katie Holmes).
  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Batman empeza na TVG". DiarioSiglo XXI. 7 de xaneiro de 2009. Consultado o 6 de marzo de 2013. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]