Bernardo Bermúdez Jambrina
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1883 Donostia, España |
Morte | 6 de marzo de 1918 (35 anos) Avilés, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | cemiterio de La Carriona |
Actividade | |
Ocupación | actor, escritor |
Membro de | |
Bernardo Bermúdez Jambrina, coñecido como Bernardo Jambrina, nado en Donostia o 27 de febreiro de 1883 e finado en Avilés o 6 de marzo de 1918[1][2], foi un actor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do capitán Domingo Bermúdez Grille, naceu en Donostia, pero trasladouse coa familia a Coruña con pouco máis dun ano, onde se iniciou como actor. Participou na Escola Rexional de Declamación, da que foi director artístico até 1905. Nese ano declamou o monólogo La Huega, orixinal de Galo Salinas, nun teatro da Coruña. Despois pasou a formar parte da compañía de Enrique Borrás coa que fixo unha xira por América. Chegou a ser memorable en América. O 18 de outubro de 1908 foi homenaxeado pola colonia galega da Habana. Regresou a España en 1917.
Escribiu poemas en galego. Colaborou en Coruña Moderna, Eco de Galicia, Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. En 1913 publicou como folleto o poema "Renacimiento". Foi redactor do periódico La Lucha. Ramón Fernández Mato recolleu os seus versos e publicounos en Galicia en 1919.
Faleceu por mor dun accidente de tráfico nunha viaxe entre Avilés e Castrillón cando estaba facendo unha xira por Asturias, e soterrárono en Avilés.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa actriz Eloísa Muro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. pp. 38–39. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 17 de febreiro de 2016.