Black Liberation Army
O Black Liberation Army ou BLA (Exército Negro de Liberación en galego) foi unha organización nacionalista negra de inspiración marxista e carácter clandestino que operou nos EUA entre 1971 e 1981. Composto na súa maior parte por membros do Black Panther Party (Partido das Panteras Negras), tiña por obxectivo iniciar a loita armada co fin de conseguir a liberación e autodeterminación da xente negra nos Estados Unidos (liberation and self-determination of black people in the United States).[1] Deste xeito o grupo protagonizou atentados con bombas, expropiacións e fugas do cárcere.
Formación
[editar | editar a fonte]As orixes da organización non parecen a día de hoxe moi claras. Aínda así é comunmente aceptado que a Black Liberation Army foi fundada por membros que abandonaron o Black Panther Party logo da expulsión de Eldridge Cleaver do Comité Central do Partido.[2] A escisión fíxose inevitábel tras as acusacións de Cleaver ao Partido de adoptar un programa social reformista máis que revolucionario.
Outros, entre os que se inclúe o revolucionario Geronimo Pratt (tamén coñecido como Geronimo Ji Jaga), suxerían a idea de que a organización funcionou máis como un refuxio para os ex-Black Panthers que como unha organización resultado do cisma. A organización sería concibida, por tanto, como un movemento máis amplo que o Partido.[3]
O BLA cría que o carácter reformista está baseado nunha cínica colaboración de clase co noso inimigo[4] e establecía os seguintes principios:
- 1. Somos anticapitalistas, antiimperialistas, antiracistas e antisexistas.
- 2. Debemos por necesidade esforzarnos na abolición destes sistemas e na institución de relacións socialistas nas cales o pobo negro teña un total e absoluto control do seu propio destino como pobo.
- 3. Para abolir o noso sistema de opresión, debemos utilizar a ciencia da loita de clase, desenvolver esta ciencia como lle corresponde á nosa única condición nacional.
Teoría
[editar | editar a fonte]O Black Panther Party disolveuse como consecuencia dunha serie de factores entre os que se poden citar a presión policial e do FBI (COINTELPRO), o asasinato dalgúns dos seus líderes como Fred Hampton, a infiltración, o sectarismo e tamén a falta de solidariedade ou axeitada coordinación cos movementos revolucionarios ou de esquerda brancos. Este panorama levou a moitos militantes á conclusión de que o paso á clandestinidade era inevitábel, asumindo ao mesmo tempo a apeertura dun novo período de represión violenta.
É deste xeito que os membros do BLA asumen a clandestinidade pasando a realizar acción encubertas, que non sempre eran de carácter violento, até que a situación política lles permitise volver a aparecer publicamente. Neste sentido poderíase relacionar co Weatherman.
Actividades
[editar | editar a fonte]De acordo cun informe do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos, o BLA foi sospeitoso de estar involucrado en máis de 60 actos de violencia entre 1970 e 1976.[5] O Fraternal Order of Police culpabiliza á organización da morte de 13 axentes de policía.[6]
O 22 de outubro de 1970, o BLA supostamente colocou unha bomba nunha igrexa en San Francisco na que se celebraba o funeral por un policia morto en acto de serizo. Non houvo feridos imortantes.[7]
O 21 de maio de 1971, prodúcese un tiroteo no que dous axentes de policia de Nova York falecen. Cinco homes son detidos en relación a estes acontecementos: Anthony Bottom (tamén coñecido como Jalil Muntaqim), Albert Washington, Francisco Torres, Gabriel Torres, e Herman Bell.
O 29 de agosto de 1971, un axente de policia foi asasinado. Dous días despois o San Francisco Chronicle recibiu unha carta asinada polo BLA no que reivindicaba a autoría dos feitos. En xaneiro de 2007 oito homes, coñecidos como San Francisco 8, foron acusados da autoría deste atentado.
O 3 de novembro de 1971 un axente de policia foi asasinado en Atlanta. Os dou sospeitosos foron Twymon Meyers, asasinado pola policia en 1973, e Freddie Hilton (tamén coñecido como Kamau Sadiki) quen non sería capturado até 2002.
Noutro incidente varios militantes entre os que estarían: Joanne Chesimard (Assata Shakur), James Coston (Zayd Shakur) e Clark Edward Squire (Sundiata Acoli), mantiveron un tiroteo en Nova Jersey cun grupo de militares reservistas durante o cal morreron un dos militares e Shakur. Chesimard foi capturada pola policia e durante o seu cativerio foi golpeada e torturada. Finalmente foi encontrada culpábel da morte non só do militar, senón tamén do seu compañeiro Shakur. En 1979 conseguiu fuxir de prisión coseguindo asilo político en Cuba en 1984. Pola súa parte Acoli foi sentenciado a cadea perpetua.
O BLA estivo activo cando menos até 1981 cando se produciu un roubo con apoio de membros do Weatherman e que rematou coa morte dun garda e dous policías. Varios membros do BLA, así como os Weatherman Kathy Boudin e David Gilbert, foron arrestado en relación a estes feitos.
Membros e asociados
[editar | editar a fonte]Membros do BLA que permanecen en prisión (a xaneiro de 2006):
- Clark Edward Squire (Sundiata Acoli), polo asasinato dun reservista en Nova Jersey en 1973
- Jeral Wayne Williams (aka Mutulu Shakur), pola participación na fuga de Chesimard (Assata Shakur), foi o número 380 da lista de máis buscados polo FBI nos 80. Capturado en 1986, foi condenado por participar nun roubo de 1981 a 60 anos de prisión.
- Herman Bell e Anthony Bottom (Jalil Muntaqim), condenado polo asasinato de dous policías de Nova York en 1971.
- Joseph Bowen
- Robert Seth Hayes, condenado polo asasinato dun policía.
- William Turk (Sekou Kambui), condenado por dous asasinatos en Alabama
- Ojore N. Lutalo, por un tiroteo cun narcotraficante.
- Anthony LaBorde (Abdul Majid) e James D. York (Bashir Hameed), polo asasinato dun policía en 1981
- Nathaniel Burns (Sekou Odinga), por intento de asasinato no roubo de 1981.
- Grailing Brown (Kojo Bomani Sababu), por roubo de banco.
- Freddie Hilton (Kamau Sadiki), polo asasinato dun policía de Atlanta en 1971
- Russel "Maroon" Shoatz, polo asasinato dun policía en 1972
Outros membros do BLA:
- Arthur Lee Washington, Jr., o fuxitivo número 427 da lista de máis buscados do FBI buscado polo asasinato dun militar reservista de Nova Jersey en 1989 (supostamente morto de SIDA en 2000)
- Joanne Chesimard (Assata Shakur), considerada fuxitiva pola xustiza dos Estados Unidos, actualmente recibe asilo político en Cuba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MIPT Terrorism Knowledge Base
- ↑ Le Monde diplomatique, Caged panthers, 2005. [1]
- ↑ Liberation, Imagination and the Black Panther Party, 2001.
- ↑ The BLA Coordinating Committee, Message to the Black Movement: A Political Statement from the Black Underground. [2]
- ↑ "Blast from the Past, 1979". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ New York State FOP, New York State Fraternal Order of Police Criticizes Judge's Decision on the release of Kathy Boudin. [3] Arquivado 02 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ Van Derbeken and Lagos. Ex-militants charged in S.F. police officer's '71 slaying at station, San Francisco Chronicle (January 23, 2007)