Boeing 307
Aparencia
Boeing 307 | |
---|---|
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 31 de decembro de 1938 |
Introducido | 8 de xullo de 1940 |
Retirado | 1975 |
Unidades construídas | 10 |
O Boeing Model 307 Stratoliner foi o primeiro avión de transporte comercial con cabina presurizada. Esta característica permitíalle ao avión voar a unha altitude de cruceiro de 6.000 m, moi por riba das perturbacións atmosféricas. O Model 307 tiña capacidade para 5 tripulantes e 33 pasaxeiros. Foi o priemiro avións baseado en terra en incluír un enxeñeiro de voo como tripulante (varios hidroavións xa incluíran este posto anteriormente).