Saltar ao contido

Células Vero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe de microscopio de contraste de fase de células Vero en cultivo (baixo luz verde e cun aumento de 100×).

As células Vero son unha liña celular utilizada en cultivos celulares.[1] A liñaxe 'Vero' foi illada de células epiteliais de ril extraídas dun mono verde africano (Chlorocebus sp.; antes chamado Cercopithecus aethiops; este grupo de monos foi dividido en varias especies). A liñaxe foi desenvolvida o 27 de marzo de 1962 por Yasumura e Kawakita na Universidade de Chiba en Chiba, Xapón.[2] A liña celular orixinal foi denominada "Vero" como abreviatura de verda e reno, que en esperanto significan, respectivamente, 'verde' e 'ril'.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

A liña das células Vero é continua e aneuploide, o que significa que ten un número anormal de cromosomas. Unha liñaxe celular continua pode ser replicada durante moitos ciclos de división e non se fai senescente.[4] As células Vero son deficientes en interferóns, e, a diferenza das células de mamíferos normais, non segregan interferón alfa nin beta cando son infectadas por virus.[5] Porén, aínda conservan o receptor do interferón alfa/beta, polo que responden normalmente cando se engade inteferón recombinante ao medio de cultivo.

A secuencia xenómica completa da liña celular Vero foi determinada por investigadores xaponeses en 2014.[6] O cromosoma 12 das células Vero ten unha deleción homocigota de ~9 Mb, que causa a perda do cluster xénico do interferón de tipo I e os inhibidores da quinase dependentes de ciclina CDKN2A e CDKN2B no xenoma.[6] Aínda que os monos verdes africanos foron clasificados primeiramente co nome Cercopithecus aethiops, foron despois situados no xénero Chlorocebus, que inclúe varias especies.[7] A análise xenómica indicou que a liñaxe das células Vero deriva dunha femia da especie Chlorocebus sabaeus.[6]

Uso en investigación

[editar | editar a fonte]

As células Vero son utilizadas para moitos propósitos, como:

Illada de C. aethiops kidney on 27 Mar 1962
Illada de Vero en 1968, crece cunha densidade de saturación máis baixa (células por unidade de área) que a Vero orixinal. É útil para detectar e contar os virus das febres hemorráxicas por ensaios de placas.
Esta liña é un clon de Vero 76. As células Vero E6 presentan certo grao de inhibición por contacto, polo que son axeitadas para a propagación de virus que se replican de vagariño.
  • Cepas de investigación transfectadas con xenes virais:
Vero F6 é unha célula transfectada co xene que codifica a proteína de entrada do HHV-1 glicoproteína-H (gH).[8] As Vero F6 foron transfectadas por medio dun plásmido concatenado co xene gH despois dunha copia da rexión promotora da glicoproteína-D (gD) do HHV-1. Na liñaxe Vero F6, a expresión de gH está baixo o control da rexión promotora de gD. (Tamén F6B2; obs. F6B1.1)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

References

[editar | editar a fonte]
  1. History and Characterization of the Vero Cell Line -- A Report prepared by CDR Rebecca Sheets, Ph.D., USPHS CBER/OVRR/DVRPA/VVB for the Vaccines and Related Biological Products Advisory Committee Meeting to be held on May 12, 2000 OPEN SESSION www.fda.gov pdf Arquivado 06 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
  2. Yasumura Y, Kawakita M (1963). "The research for the SV40 by means of tissue culture technique". Nippon Rinsho 21 (6): 1201–1219. 
  3. Shimizu B (1993). Seno K, Koyama H, Kuroki T, eds. Manual of selected cultured cell lines for bioscience and biotechnology (en Japanese). Tokyo: Kyoritsu Shuppan. pp. 299–300. ISBN 978-4-320-05386-1. 
  4. "Main Types of Cell Culture". Fundamental Techniques in Cell Culture: a Laboratory Handbook. Consultado o 2006-09-28. 
  5. Desmyter J, Melnick JL, Rawls WE (October 1968). "Defectiveness of Interferon Production and of Rubella Virus Interference in a Line of African Green Monkey Kidney Cells (Vero)". J. Virol. 2 (10): 955–61. PMC 375423. PMID 4302013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Osada N, Kohara A, Yamaji T, Hirayama N, Kasai F, Sekizuka T, Kuroda M, Hanada K (2014). "The genome landscape of the African green monkey kidney-derived Vero cell line". DNA Research 21 (6): 673–83. PMC 4263300. PMID 25267831. doi:10.1093/dnares/dsu029. 
  7. Haus T, Akom E, Agwanda B, Hofreiter M, Roos C, Zinner D (April 2013). "Mitochondrial diversity and distribution of African green monkeys (chlorocebus gray, 1870)". Am. J. Primatol. 75 (4): 350–60. PMC 3613741. PMID 23307319. doi:10.1002/ajp.22113. 
  8. Forrester A, Farrell H, Wilkinson G, Kaye J, Davis-Poynter N, Minson T (January 1992). "Construction and properties of a mutant of herpes simplex virus type 1 with glycoprotein H coding sequences deleted". J. Virol. 66 (1): 341–8. PMC 238293. PMID 1309250. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]