Saltar ao contido

Camiñante sobre o mar de néboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Camiñante sobre o mar de néboa
ArtistaCaspar David Friedrich
Data1818
Técnicaóleo en lenzo
Dimensións74,8 cm × 98,4 cm
LocalizaciónHamburger Kunsthalle (Hamburg, Alemaña)

Camiñante sobre o mar de néboa (en alemán: Der Wanderer über dem Nebelmeer) é unha coñecida pintura do pintor romántico alemán Caspar David Friedrich, con data de 1818. Trátase dun óleo sobre téa que mide 74,8 centímetros de ancho por 94,8 centímetros de alto. Actualmente consérvase no Kunsthalle de Hamburgo (Alemaña).[1]

A obra presenta un viaxeiro, que algúns críticos identificaron co propio Friedrich, en pé no cumio dun penedo elevado, fitando un mar de brétema que lle queda embaixo. O camiñante aparece de costas, vestido de negro. Adianta unha perna e apóiase nun bastón. Pódense ver os picos doutras montañas emerxendo entre a néboa, ao tempo que unha serra de montañas de enormes dimensións ocupa o fondo da obra. A grande extensión de ceo por riba das alturas das montañas do fondo cobre gran parte do cadro. Podería ser unha paisaxe da Suíza de Saxonia.

  1. Hemut R. Leppien: Caspar David Friedrich in der Hamburger Kunsthalle. Stuttgart 1993, S. 16