Carl Michael Bellman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1740 Maria Magdalena parish, Suecia (en) |
Morte | 11 de febreiro de 1795 (55 anos) Klara Church Parish, Suecia (en) |
Causa da morte | tuberculose |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estocolmo (1765–1795) |
Ocupación | poeta, escritor, compositor, office worker (en) |
Período de actividade | 1765 - 1795 |
Membro de | |
Xénero artístico | Sátira |
Instrumento | Cistro e Laúde |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Lovisa Fredrica Bellman |
Fillos | Adolph Martin Jacob Henric Bellman |
Pais | Johan Arendt Bellman e Catharina Hermonia |
Cronoloxía | |
Q102121351 | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionário Biográfico Sueco (pt) , lang: lingua sueca Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бельман Карл Микаэль) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Carl Michael Bellman, nado en Södermalm (Estocolmo) o 4 de febreiro de 1740 e finado o 11 de febreiro de 1795, foi un poeta sueco. Bellman é unha figura central da canción tradicional sueca e a súa influencia é moi importante na música sueca e na literatura escandinava en xeral.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carl Michael Bellman foi fillo do avogado Johan Arendt Bellman (fillo), secretario do palacio real, e de Catharina Hermonia, filla do pastor luterano Michael Hermonius. Bellman comezou a escribir en 1757, as súas primeiras poesías tiñan carácter relixioso. A partir de 1760 comezou a ser coñecido polas súas cancións de pousada (dryckesvisor) e parodias bíblicas.
En 1770 comezou a traballar no que ía ser Fredmans epistlar, con problemas económicos constantes, a súa situación mellorou despois do golpe de Gustavo III, quen se converteu no seu protector e posibilitou que mellorase a súa situación económica.
Obras
[editar | editar a fonte]As súas obras principais son Fredmans sånger (1791) e Fredmans epistlar (1790), entre as dúas inclúe unhas 150 cancións, a maioría versan sobre o mundo das tabernas e pousadas. Un mestre do ritmo e da rima, cun marabilloso sentido na combinación da letra e da música, que unhas veces collía de pezas musicais contemporáneas e outras eran de creación propia, anovando e arriquecendo a canción tradicional parodiando e renovando os estilos literarios contemporáneos. As letras, celebrando a embriaguez e o pracer sexual conxúgase co amor, a morte e as cualidades do presente, reflicten a vida dos baixos fondos de Estocolmo do século XVIII. Bellman contou co apoio do rei Gustavo III de Suecia, e a súa composición Gustafs skål, converteuse nun himno real informal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carl Michael Bellman |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bellman.net
- Projekt Runeberg: Carl Michael Bellman
- Carl Michael Bellman page na Bibliioteca Pública de Kuusankoski
- Carl Michael Bellman page en Poemist.com