Carreira de remudas
Unha carreira de remudas[1] é unha carreira na que os membros dun equipo deben aquendarse para realizar unha mesma actividade. No caso das carreiras a pé, é común que os competidores de cada equipo deban pasar un testemuño. En deportes de substitución as cales son: correr, orientación, natación, esquí de fondo, biatlón, patinaxe sobre xeo por partes dun circuíto ou realizar unha determinada acción. As carreiras de remudas toman a súa forma de carreiras profesionais e xuvenís. Nos Xogos Olímpicos hai, varios tipos de carreiras de substitución que forman parte da categoría de atletismo.
Remudas en atletismo
[editar | editar a fonte]En atletismo, as carreiras de remudas son carreiras a pé para equipos de catro ou máis, nas que un corredor percorre unha distancia determinada, logo pasa ó seguinte corredor un tubo chamado testemuño e así sucesivamente até que se completa a distancia da carreira.
As distancias olímpicas son 4x100 m e 4x400 m. Tamén son oficiais as de 4x200, 4x800 e 4x1500 m. En categorías inferiores, e nalgunhas probas, realízanse as remudas suecas, onde se realizan remudas de 100, 200, 300 e 400 metros completando un quilómetro de carreira.
Na carreira de 4x100, o récord mundial masculino é do equipo nacional de Xamaica, cunha marca de 36,84 segundos, realizada nos Xogos Olímpicos de 2012, e o das mulleres é do equipo nacional dos Estados Unidos cun tempo de 40,82 segundos tamén nos Xogos de 2012.
Regras e estratexia
[editar | editar a fonte]Cada corredor debe ceder o testemuño ó seguinte corredor nunha zona determinada, polo xeral marcada por triángulos na pista. Nas remudas en velocidade, os corredores adoitan empregar un "traspaso a cegas", onde o segundo corredor se atopa nun punto predeterminado e ponse en marcha cando o primeiro corredor pasa por unha marca visual na pista (polo xeral un triángulo máis pequeno). O corredor que entrega esta primeira remuda avisará cun berro "man" ó seu compañeiro que está correndo pola zona, cando se sitúe a uns dous metros e medio. O sinal servirá ó seu compañeiro para que leve o seu brazo cara a atrás para recibir o testemuño. O corredor que entrega o testemuño depositará el mesmo sobre a man do seu compañeiro que estará ben estendida cara a atrás. O receptor, cun movemento rápido do pulso levará o testemuño cara a adiante.
A técnica básica da carreira de remudas sería a de recibir e entregar a man cambiada. O primeiro relativista sairá co testemuño na man dereita, correndo polo interior da curva. O seu compañeiro agardará por el ó final da primeira curva na parte dereita da rúa.
Un equipo pode ser descalificado por:
- Deixar caer o testemuño (pódese recoller se o rival xa pasou ou está lonxe para non obstaculizalo)
- Facer un inadecuado intercambio de remuda.
- Saída en falso.
- Adiantar a outro competidor incorrectamente.
- Evitar o paso doutro competidor.
- Obstaculizar intencionalmente, ou de calquera outra forma interferir con outro competidor.
- Pasar coa mano trabucada o testemuño.
Baseado na velocidade dos corredores, a estratexia dos profesionais nun equipo de 4 corredores é: o primeiro máis rápido, o segundo máis rápido, o tercero máis lento e logo o último (o cuarto corredor) máis rápido (áncora).
Testemuño
[editar | editar a fonte]O testemuño é unha barra cilíndrica que se emprega nas carreiras de remudas. Ten unha lonxitude de 30 centímetros, un diámetro de 12 milímetros e un peso mínimo de 50 gramos. É liso e oco.
Os corredores dun mesmo equipo corren por quendas, e ó rematar a quenda de cada un debe pasar o testemuño ó seguinte corredor nunha zona de cambio habilitada para iso, de 20 metros de longo. O testemuño ten que entregarse de man a man. Levar o testemuño é preciso para poder gañar a carreira. Por iso, o intre do pase do testemuño dun atleta a outro adoita ser moi importante á hora de non perder tempo na carreira.
Técnicas de entrega
[editar | editar a fonte]As técnicas de entrega son dúas:
- Ascendente: O deportista que entrega o testemuño, realiza un movemento ascendente do brazo para entregar o testemuño. Aquel que recibe, estende o brazo cara a atrás coa palma da man cara a abaixo en forma de V invertida.
- Descendente: Nesta técnica, o atleta entrega o testemuño realizando un movemento descendente da man para facer a entrega do testemuño. O deportista que recibe, debe ter a palma da man cara a arriba en forma de V.
Remudas de fondo
[editar | editar a fonte]Ademais das remudas de pista, existen carreiras de remudas de fondo. Por exemplo, o Campionato Mundial de Remudas en Ruta disputouse dende 1986 até 1998, con equipos de seis corredores turnándose para completar ls 42,195 km de maratón.
Tamén se realizan carreiras de remudas por etapas, como a Prince Takamatsu Cup Nishinippon Round-Kyūshū Ekiden, disputada no Xapón dende 1951 até 2013, que tiña un percorrido de 1.064 km ó longo da illa de Kyushu.
Remudas en natación
[editar | editar a fonte]Unha remuda en natación de catro nadadores, polo xeral, segue esta estratexia: o segundo máis rápido, o terceiro máis rápido, o máis lento, e logo o máis rápido (áncora). Porén, non é raro ver o máis lento na segunda posición, deixándoo da seguinte maneira: o segundo máis rápido, o máis lento, o terceiro máis rápido, e por último o máis rápido, ou unha ascendente: o máis lento, o terceiro máis rápido, o segundo máis rápido e como sempre o último o máis rápido.
No presente, existen tres categorías Olímpicas de remudas en natación:
Tamén existen os 4x50 m libre e 4x50 m estilos.
As remudas de estilos son onde catro nadadores nadan os estilos costas, peito, bolboreta e crol nesa orde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para remuda.