Castro de San Román, A Laracha
Aparencia
Castro de San Román, A Laracha | |
---|---|
Parroquia | Cabovilaño |
Concello | A Laracha |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15041002 |
Cronoloxía | |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de San Román é un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado cun parapeto moi alterado, dunha altura exterior de arredor de metro e medio. Na parte sur hai unha zona aterrazada, posiblemente un antecastro.
A instalación de torres de telefonía, edificios de recente construción, canteiras e camiños alteraron gravemente a estrutura.
O conxunto ten planta sensiblemente circular, cuns 180 metros de diámetro máximo.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar[Ligazón morta]. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010