Saltar ao contido

Catálogo galego de especies ameazadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macho de pita do monte cantábrica, subespecie que se deu por extinguida nos Ancares, a poboación máis occidental da subespecie, e a última zona na que sobreviviu, xa que os últimos cantadeiros ocupados observáronse en 2005, pero aínda se atopa esporadicamente debido ao movemento de exemplares de poboacións limítrofe, polo que está incluída no Catálogo galego de especies ameazadas.
Macho e femia de Emberiza schoeniclus lusitanica, a subespecie da escribenta das canaveiras presente en Galicia, que se encontra en perigo crítico de extinción.

O Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) é un documento creado en 2007 pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, de acordo coa normativa do Consello de Europa e do Reino de España, para regular a protección da flora e da fauna galegas, así como os seus hábitats.[1]

Inicialmente figuraban nela 193 especies e subespecies,[2] e en 2011 engadíronse sete máis,[2][3] dando un total de 200 especies.

Entre elas están, por exemplo, a ameixa perlífera de río, o cangrexo de río, a pita do monte (xa extinguida en Galicia), ou o oso pardo, ademais de decenas de especies de algas, liques, fentos, brións e plantas superiores, algunhas delas endémicas.[2]

Xustificación da creación do CGEA

[editar | editar a fonte]

Segundo a Consellería de Medio Ambiente, o CGEA deseñouse sobre as bases da interpretación da Lei 4/1989, do 27 de marzo, dada pola sentenza 892/1999, do 18 de maio do Tribunal Supremo de España. Con respecto ao Catálogo Nacional de Especies Ameazadas (CNEA) esta sentenza sinalou que a categoría "De interese especial" agrupa un gran número de taxons que, sen encontrarse nunha situación real de ameaza, merecen unha atención particular, non sendo polo tanto unha categoría de ameaza como tal. En virtude do exposto, ante a necesidade de definir adecuadamente a situación real de ameaza dalgunhas especies incluídas no CGEA e adaptar as categorías de ameaza á xurisprudencia do Tribunal Supremo, e dado que o CGEA se configura como un instrumento dinámico e revisábel a teor do coñecemento científico-técnico e das estratexias globais en conservación, este decreto soamente regula as categorías de "En perigo de extinción" e "Vulnerábeis", quedando pendente o desenvolvemento das outras categorías de ameaza establecidas na Lei 9/2001, do 21 de agosto.[1]

Lista inicial de especies

[editar | editar a fonte]

Na lista inicial estaban incluídas as seguintes especies e subespecies.[4]

Flora en perigo de extinción

[editar | editar a fonte]
Lecanographa dialeuca
Christella dentata

Plantas superiores

[editar | editar a fonte]
Cytisus insularis
Erodium maritimum

Fauna en perigo de extinción

[editar | editar a fonte]
Austropotamobius pallipes
Botaurus stellaris
Schistostega pennata
Dryopteris aemula
Woodwardia radicans
Narcissus cyclamineus
Prunus lusitanica
Unio pictorum
Chioglossa lusitanica
Bubo bubo
Galemys pyrenaicus
Tursiops truncatus

Artrópodos

[editar | editar a fonte]

Réptiles

[editar | editar a fonte]

Mamíferos

[editar | editar a fonte]

Especies da flora vulnerábeis

[editar | editar a fonte]

Plantas superiores

[editar | editar a fonte]

Especies da fauna vulnerábeis

[editar | editar a fonte]

Cnidarios

[editar | editar a fonte]

Artrópodos

[editar | editar a fonte]

Equinodermos

[editar | editar a fonte]

Réptiles

[editar | editar a fonte]

Mamíferos

[editar | editar a fonte]

Estado actual

[editar | editar a fonte]

Só 3 das 200 especies ameazadas de Galicia contan cun plan de protección. Para protexer estas especies a normativa contempla o desenvolvemento de plans de conservación (para as que están na categoría de vulnerábeis) ou de recuperación (para as que están en perigo de extinción). Para facer cumprir a normativa, polo tanto, cada especie debería ter desenvolvido o seu propio plan de protección. Contemplábase a posibilidade, con todo, de que algún grupo de taxons puidera agruparse ao abeiro dun mesmo plan integral, de coexistir nun mesmo hábitat e requirir accións análogas de protección. Pero case 12 anos despois da publicación do CGEP, o 98,5 % das especies ameazadas en Galicia segue sen plan de protección. O último publicado, en 2014, foi o da píllara das dunas. Antes aprobáranse o da escribenta das canaveiras e a do sapoconcho común (en 2013). Respecto ao oso pardo, o borrador da revisión do plan, aprobado en 1992, figura na web da Consellería de Medio Ambiente con data de 2013, sen que se teñan producido máis avances. Hai case dous anos o presidente da Xunta de Galicia anunciou a creación da "Lista de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia", subliñando que o obxectivo da Xunta era conseguir até 2020 a aprobación de 45 plans de protección. Desde entón, e aínda que se están elaborando borradores destes plans, ningún deles viu aínda a luz.[2]

  1. 1,0 1,1 Diario Oficial de Galicia (ed.). "Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas" (PDF). Consultado o 12 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rey, Manuel (9 de maio de 2018). "O 98,5% das especies ameazadas en Galicia aínda non conta con plan de protección". gCiencia. Consultado o 12 de febreiro de 2020. 
  3. Diario Oficial de Galicia (ed.). "DECRETO 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas e se actualiza o dito catálogo" (PDF). Consultado o 23 de agosto de 2021. 
  4. Rey, Manuel. "Catálogo Galego de Especies Ameazadas". Biodiversidade do Deza. Consultado o 12 de febreiro de 2020. 
  5. "Instrumentos de conservación de especies ameazadas". Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. 
  6. Poboacións do Cantábrico (desde o río Eo até o cabo Ortegal) e do Arco Ártabro (desde o cabo Ortegal até as illas Sisargas).
  7. Poboacións de baixa altitude da provincia da Coruña e de montaña da provincia de Ourense.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]