Saltar ao contido

Catarina de Siena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDoutora da Igrexa Editar o valor en Wikidata
Catarina de Siena

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Caterina da Siena Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Caterina di Jacopo di Benincasa Editar o valor en Wikidata
25 de marzo de 1347 Editar o valor en Wikidata
Siena (República de Siena) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 1380 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanta Maria sopra Minerva (pt) Traducir
Basílica de São Domingos (pt) Traducir (cabeza)
Saint Catherine of Siena tomb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSiena Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa católica, diplomática, memorialista, filósofa, política, escritora Editar o valor en Wikidata
AlumnosStefano Maconi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaThird Order of Saint Dominic (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa29 de abril
29 de abril Editar o valor en Wikidata
Patrón deItalia, Europa, Nobile Contrada dell'Oca (en) Traducir e Contrada del Drago (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1133551 Discogs: 5305013 IMSLP: Category:Catherine_of_Siena,_Saint WikiTree: Di_Giacomo_di_Benincasa-1 Find a Grave: 19918 Editar o valor en Wikidata

Catarina de Siena, nada o 25 de marzo de 1347 e finada o 29 de abril de 1380, foi unha doutora da Igrexa católica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla número 24 de Jacobo de Benincasa, un tintoreiro de peles. Segundo o cronista Raimundo de Capua, dende nena xa tivo as súas primeiras experiencias místicas non exentas de alucinacións. Aos 12 anos a súa familia decidiu entregala en matrimonio, ao que ela manifestou unha radical oposición. Como desafío á autoridade dos seus pais, curtouse os cabelos e negouse a acicalarse. Foi por iso maltratada, todo o cal provocoulle un estado de anorexia crónica. Illouse e comezou unha vida de penitencia e oración. Neste estado, unha enfermidade infecciosa desfiguroulle o rostro.

En 1363, fascinada pola figura de Domingos de Guzmán, entra como terciaria na orde dominica, aínda que inicialmente non foi aceptada debido á súa xuventude e ás súas excentricidades. Unha vez admitida, acudía ao hospital de Scala e á leprosería de san Lázaro a coidar enfermos. Continuou sufrindo éxtases e esmorecementos, o que lle causou incomprensións e marxinacións entre as irmás da súa orde. A curiosidade popular comezou a centrarse nela, o que lle permitiu dar testemuña da súa fe e ir congregando -contra a súa vontade- a un grupo cada vez máis numeroso de seguidores entre os que se encontraba o seu retratista o pintor Andrea Vanni.

Isto deulle azos para saír á vida pública onde comezou un labor de reconciliación de inimizades domésticas como a da poderosa familia de Rocca d´Orcia, para moi logo mediar en conflitos políticos e, finalmente, entre cidades como Florencia ou Pisa e os Estados Pontificios. Acompañou tamén a condenados á morte no seu derradeiro tránsito. Desta época quedan testemuñas epistolares onde se ve a Catarina de Siena censurando ao propio Papa.

Alarmada a súa orde, o 21 de maio de 1374, un Capítulo Xeral sométea a un proceso inquisitorial. Non se consegue demostrar a súa suposta herexía pero asígnanlle un director espiritual: Raimundo de Capua, que se converterá no seu biógrafo e discípulo.

Tamén en 1374, acudiu a Pisa, onde se desatara unha peste, para axudar aos infectados. Ela mesma contaxiouse da enfermidade.

A partir de 1376, incide directamente sobre o papa Gregorio XI; esíxelle unha reforma da Igrexa, a súa independencia fronte aos poderes políticos franceses e, como paso imprescindible para iso, a súa volta a Roma para cumprir cos seus deberes de bispo. Os Papas levaban setenta anos fóra da sé de Pedro residindo en Aviñón. O 17 de xaneiro de 1377, o Papa volveu a Roma.

Posteriormente fundou o convento de dominicas de Santa María dos Anxos na fortaleza de Belcaro. A súa mediación foi determinante para que se asinara a paz entre Florencia e o novo papa Urbano VI.

O 20 de setembro de 1378 Francia propicia a coroación dun Papa en Aviñón (Roberto de Xenebra, co nome de Clemente VII). Catarina de Siena defende os dereitos de Urbano VI e concita o apoio de estados italianos coma Nápoles. En 1380, Roma é liberada e Urbano VI entra descalzo nela inspirado por Catarina. Ese ano esta sofre un ataque de apoplexía e morre na cidade papal.

O seu corpo, moi mutilado polos cazadores de reliquias, está en Santa María de Minerva en Roma. A súa cabeza estivo ata 1998 na igrexa de Santo Domingo de Siena pero agora está tamén en Roma.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Catarina de Siena non desenvolveu un pensamento estruturado. Este dedúcese dos seus testemuños de carácter espiritual e das súas cartas (máis de 380). Transmite unha combinación entre unha mística esencial onde no máis íntimo do ser (a cela interior) únese o fondo do humano co abismo divino, e unha mística nupcial onde non se trata de acadar a unidade do ser senón a comuñón no amor. O autocoñecemento agroma da relación. As súas alucinacións describen isto literalmente.

Somos unha árbore creada por amor, e non podemos senón amar, vivir abertos en relación, en comuñón con un ti
Carta 94
Na túa natureza, deidade eterna, coñecerei a miña. E ¿cal é a miña natureza, Amor inestimable? É lume, porque ti non es outra cousa que lume de amor. A todas as cousas e criaturas, creáchelas por amor
Carta 49

Para Catarina de Siena a persoa está dotada dunha dignidade excelsa:

¿Que cousa ou quen foi o motivo de que estableceras ao home en tal alta dignidade? Certamente nada que non fora o amor inextinguible co que contemplaches a túa criatura en ti mesmo e te deixaches engaiolar de amor por ela. Por amor creáchela, por amor dícheslle un ser capaz de gustar o ben eterno
Diálogo

Sobre o sentido da vida, está impregnada dun cego providencialismo:

Todo procede do amor, todo está ordenado á salvación do home, Deus non fai nada que non sexa con ese fin
Diálogos

O deber ético está por riba das convencións; criticada por ser indecoroso e impropio dunha muller despoxarse do manto para darllo a un marxinado, responde: Prefiro que me encontren sen manto que sen amor.

Ese pulo ético levouna á crítica aberta ás autoridades eclesiásticas, mesmo chegando a unha claridade e a unha dureza inequívocas:

¡Oh homes, e non xa homes, senón máis ben diaños visibles, canto vos cega a apetencia que tendes á podredume do corpo, ás delicias e os esplendores do mundo!
Carta 315

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
Libro della divina dottrina, c. 1475
Lettere, 1721

Aínda que os seus biógrafos sostiveron que lía con dificultade e non sabía escribir por si mesma, deixou unha obra fundamental para a literatura en toscano. Foi, xa que logo, unha das primeiras escritoras espirituais que abandonou o latín pola súa lingua vernácula.

  • Diálogos ou Tratado da Divina Providencia
  • Oracións
  • Cartas

Significación

[editar | editar a fonte]

Foi canonizada por Pío II en 1461. Pío IX proclamouna patroa de Roma e Pío XII fíxoa patroa de Italia. Paulo VI proclamouna doutora da Igrexa universal. Xoán Paulo II declarouna copatroa de Europa por representar a síntese entre contemplación espiritual e acción social.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Catalina de Siena (2002). Obras de Santa Catalina de Siena. El diálogo. Oraciones y Soliloquios. Madrid: Editorial BAC. ISBN 978-84-7914-024-3. 
  • Salvador y Conde, Joaquín (Ed.) (1982). Epistolario de Santa Catalina de Siena. Salamanca: Editorial San Esteban. ISBN 84-85045-52-1. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]