A chaira europea oriental (tamén chamada chaira de Rusia,[2] especialmente polos estudosos rusos,[3] ou historicamente chaira sarmática[4]) é unha vasta chaira interior que se estende ao leste da chaira europea setentrional,[5] e comprende varias mesetas que se estenden dende os 25 graos de lonxitude leste. Inglúe a parte máis occidental das elevacións de Volhynian-Podolian, a meseta central rusa, e no límite oriental a meseta do Volga. A chaira inclúe unha serie de cuncas hidrográficas como as dos ríos Dnieper, o Oka-Don e o Volga. Na parte máis meridional da chaira están o Cáucaso e os montes de Crimea.[5] Xunto coa chaira europea setentrional constitúe a maior parte da gran chaira europea, a área máis grande de Europa sen grandes montañas.[6]
A chaira europea oriental cobre todo ou a maior parte dos estados bálticos,[2] Belarús, Ucraína, Moldavia, Romanía e a Rusia europea. Esténdese aproximadamente por 4 000 000 km2 e unha altura media duns 170 m.
↑Bolesław Augustowski Wielkie regiony naturalne Europy w: Antoni Wrzosek (red.) Geografia Powszechna. Tom III. Europa (bez ZSRR), Państwowe Wydawnictwo Naukowe, Warszawa 1965
↑ 2,02,1"European Plain" en Enciclopedia Británica: "Extending from eastern Poland through the entire European Russia to the Ural Mountaina, the East European Plain encompasses all of the Baltic states and Belarus, nearly all of Ukraine, and much of the European portion of Russia and reaches north into Finland." — Britannica.
↑Klimenko, Vladimir; Solomina, Olga (2009). "Introduction: Climate of the East European Plain". The Polish Climate in the European Context: An Historical Overview. Moscova: Springer. p. 71. ISBN9048131677. Consultado o 17 de maio de 2014. From introductory Notes to article: V. Klimenko, Moscow Power Engineering Institute, Moscow, Russian Federation; Moscow, Russia; & O. Solomina, Institute of Geography Russian Academy of Sciences, Moscow, Russia.
↑Podwysocki, Melvin H.; Earle, Janet L., eds. (1979). Proceedings of the Second International Conference on Basement Tectonics. Basement Tectonics Committee. p. 379.
↑Cavendish, Marshall (2010). World and Its Peoples. Volume 8 of Estonia, Latvia, Lithuania, and Poland. p. 1014. ISBN0761478965. Consultado o 17 de maio de 2014.