Saltar ao contido

Chamartín, Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaChamartín, Madrid
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°27′12″N 3°40′39″O / 40.4533, -3.6775
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación144.796 (2023) Editar o valor en Wikidata (15.780,75 hab./km²)
Xeografía
Superficie9,1754821246593 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación14 de novembro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoXunta Municipal do Distrito de Chamartín Editar o valor en Wikidata
• Concelleira presidenta Editar o valor en WikidataMaría Yolanda Estrada Madrid (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28002, 28006, 28016, 28036 y 28046 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmadrid.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451834

Chamartín[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade.

Limita polo norte co distrito de Fuencarral-El Pardo, polo leste co distrito de Ciudad Lineal, polo sur co distrito de Salamanca, polo suroeste con Chamberí e polo oeste con Tetuán. Ten unha superficie de 9,2 km² e unha poboación de 144.796 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1947.[3]

Datos históricos

[editar | editar a fonte]

Delimitado polo Paseo da Castellana, a M-30 e a A-2 (autovía do Nordeste), dos distritos centrais de Madrid é o que tivo un desenvolvemento máis tardío, xa que ata despois da Guerra Civil soamente o Barrio de la Prosperidad e algunhas colonias de hotelitos daban vida urbana ao Distrito.

Con excepción do Casco Rural de Chamartín de la Rosa, practicamente o resto da área estaba formada: ao norte por grandes leiras da nobreza que posteriormente foron cedidas a ordes relixiosas; ao sur produciuse un pequeno desenvolvemento ao redor do Camino de Hortaleza, ao saltarse, no século XIX, as Rondas.

Se outrora o máis destacado foi a praza e o palacio do Infantado, hoxe éo principalmente a espazosa e funcional estación ferroviaria de Chamartín, asentada no que fose campo santo da vila.

No espazo do antigo municipio localízanse agora unha serie de importantes complexos: o Estadio Santiago Bernabéu, El Viso, Ciudad Jardín, Prosperidad, Hispanoamérica e Nueva España.[4]

Este distrito está dividido en seis barrios:[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]