Saltar ao contido

Charlie Parker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharlie Parker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1920 Editar o valor en Wikidata
Kansas City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía
perforated ulcer (en) Traducir
Pneumonia lobar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLincoln High School (en) Traducir
Lincoln College Preparatory Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoJazz Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsaxofonista, músico, músico de jazz, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor en Wikidata - 1955 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoJazz e Bebop Editar o valor en Wikidata
Influencias
InstrumentoSaxofón alto e Saxofón Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVerve Records
Mercury Records
Savoy Records (pt) Traducir
Dial Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MecenasPannonica de Koenigswarter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeChan Parker Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webcharliebirdparker.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0662127 Facebook: charlieparkermusic Twitter: CharlieParkerKC Instagram: charliebirdparkerofficial BNE: XX979952 Spotify: 4Ww5mwS7BWYjoZTUIrMHfC iTunes: 284786497 Last fm: Charlie+Parker Musicbrainz: c7356af9-9ea6-4a78-a55b-c73775716312 Discogs: 75617 Allmusic: mn0000211758 WikiTree: Parker-18018 Find a Grave: 1426 Deezer: 2692 Editar o valor en Wikidata

Charles Christopher Parker, tamén coñecido como "Bird", nado o 29 de agosto de 1920 en Kansas City e finado o 12 de marzo de 1955 en Nova York, foi un saxofonista de jazz activo dos anos 30 aos 50, que axudou a crear o jazz moderno e é hoxe visto como o máis grande creador desta música.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Parker é un froito da efervescencia creativa da Kansas City dos anos trinta, onde a permisividade do goberno local facía que os locais onde se servía alcohol ilegal non só estivesen abertos, senón que o fixesen 24 horas. Isto provocou a afluencia de músicos en busca de traballo e creou unha escena onde predominaban os saxofonistas e o blues.

O seu pai, que fora cantante de variedades, abandonouno de novo e súa nai traballou duro de asistente nun hospital para que Charlie tivese estudos, pero xa na escola secundaria viuse que o seu interese só estaba na música. Alí estudou con Alonzo Lewis pero a maioría do que aprendeu fíxoo pola súa conta. Tras pasar por varios instrumentos quedou co saxofón alto, aínda que seguiría tocando o tenor esporadicamente (incluída unha sesión liderada por Miles Davis en 1947).

Con 15 anos xa era un músico profesional, bastante malo polo que din os que o coñeceron de novo, até que se foi de xira coa orquestra de George Lee e se encerrou a estudar, para volver sendo xa un dos grandes do seu tempo.

En 1938 emigra a Nova York temporalmente e volve a Kansas City para ingresar na banda de Jay McShann na que seguirá até 1942. É durante esta estancia que grava os seus primeiros temas e comeza a ter o seu estilo característico. Durante unha xira, para en Nova York e xa nunca volverá a Kansas. Participa activamente na creación do bebop nas jam sessions do Minton's e comeza a súa asociación creativa con Dizzy Gillespie. O seu estilo era incomprendido polo público e rexeitado pola crítica, pero o jazz é unha música de músicos e todos os intérpretes xoves (sobre todo de saxofón) estaban fascinados por Parker e cando comezaron a aparecer os seus discos estudábanos de tal forma que nuns anos o son de Charlie Parker conquistou o mundo do jazz. Por causa da folga de gravacións convocada polo sindicato de músicos non foi até 1945 que o novo estilo se viu rexistrado, nunha sesión mítica celebrada o 26 de novembro en Nova York para a Savoy e onde se gravou o primeiro himno do novo estilo: Now's the Time. De aí até 1947 foi unha sucesión de temas revolucionarios que hoxe son clásicos: Donna Lee, Ko-ko, Yardbird Suite, Ornithology, Cool Blues.

Axiña se viu que o extremo modo de vida de Parker: consumo de cantidades inxentes de comida, alcohol e heroína comezaron a minar a súa saúde, provocándolle un colapso nervioso en 1946 e levándoo a unha deterioración creativa. Aínda así, a súa produción até 1951 é salientábel e só despois comeza un lento declive.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Todo o que gravou Charlie Paker en estudo fíxoo para tres selos: Dial, Savoy e Verve. Existen ademais algunhas gravacións en directo e as célebres cintas de Dean Benedetti.

  • The Complete Savoy Studio Sessions (3 CDs)
  • The Complete Dial Studio Sessions (3 CDs)
  • The Complete Charlie Parker on Verve (10 CDs)
  • At Storyville (Directo Blue Note, gravado en Boston en 1953)
  • The Complete Savoy Live Recordings (4 CDs)
  • The Massey Hall Concert (Directo Toronto, 1953)