Saltar ao contido

Chlamydia trachomatis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chlamydia trachomatis
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Chlamydiae
Orde: Chlamydiales
Familia: Chlamydiaceae
Xénero: Chlamydia
Especie: C. trachomatis[1]

(Busacca 1935) Rake 1957 emend. Everett et al. 1999

Sinonimia
  • Rickettsia trachomae (sic) Busacca 1935
  • Rickettsia trachomatis (Busacca 1935) Foley and Parrot 1937
  • Chlamydozoon trachomatis (Busacca 1935) Moshkovski 1945

Chlamydia trachomatis é unha especie bacteriana patóxena exclusiva para os humanos e parasito intracelular obrigado, pertencente ao xénero Chlamydia. Pode causar tracoma e cegueira, infeccións oculares e xenitais e pneumonías.[2] C. trachomatis é unha bacteria gramnegativa,[3] que pode ter forma cocoide ou bacilar.[4]

Foi descuberta en 1907 por Halberstaedter e Prowazek de mostras de conxuntivite[5] . Os corpos de inclusión que se observan nas células infectadas, que conteñen a Chlamydia trachomatis describíronse por primeira vez en 1942, e a bacteria foi cultivada en sacos de xema de ovo polo profesor Feifan Tang et al en 1957.[6]

A maioría das cepas de C. trachomatis conteñen un plásmido extracromosómico.[7]

Un estudo de 2012 mostrou que as clamidias evolucionaron máis activamente do que se pensaba anteriormente. Utilizando unha secuenciación de xenoma completo os investigadores mostraron que o intercambio de ADN entre diferentes cepas de Chlamydia para formar novas cepas é moito máis común do que se agardaba.[8]

Serovares

[editar | editar a fonte]

C. trachomatis comprende 15 serotipos segundo o seu antíxeno proteico de tipo, que son: A, B, Ba, C, D, E, F, G, H, I, J, K, L1, L2 e L3, entre os que están os seguintes tres grupos de serovares humanos:[9]

Ciclo de vida

[editar | editar a fonte]

A bacteria infecta ás células cando está en forma de corpúsculo elemental, que é a súa forma infecciosa parecida a unha espora, ten parede e é moi resistente. Esta entra na célula por endocitose, e dentro dun vacúolo celular orixina un corpo reticulado sen parede, que é a forma vexetativa da bacteria. Este reprodúcese, o vacúolo de inclusión crece e está cheo de bacterias, e fórmanse moitos corpos elementais, que finalmente saen da célula para infectar a máis células.

Importancia médica

[editar | editar a fonte]

C. trachomatis é un patóxeno intracelular obrigado humano, o que quere dicir que a bacteria debe vivir dentro das célula humanas, e pode causar numerosas enfermidades en homes e mulleres.[2] Pode orixinar infeccións xenitais por causas varias (por exemplo, mala hixiene en lugares húmidos), ou por transmisión sexual, como as uretrites no gonocócicas e o linfogranuloma venéreo. É unha das enfermidades de transmisión sexual máis frecuentes. En ambos os sexos pode producir uretrite, proctite (enfermidade rectal con sangrado), tracoma, e infertilidade. A bacteria pode causar prostatite e epididimite nos homes, mentres que nas mulleres pode producir cervicite, enfermidade inflamatoria pélvica, embarazo ectópico, e dores pélvicas agudas ou crónicas e frecuentes complicacións. Algúns individuos desenvolven artrite reactiva que non ten cura. As infeccións poden ser asintomáticas.

C. trachomatis é tamén un importante patóxeno neonatal, xa que pode producir nos neonatos infeccións oculares (tracoma) e pulmonares.[10] Chlamydia trachomatis é o axente infeccioso máis importante asociado coa cegueira, da hai millóns de casos cada ano por esta causa.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

C. trachomatis é sensible a diversos antibióticos bacteriostáticos: macrólidos (azithromicina, claritromicina, eritromicina etc.) ou tetraciclinas (doxiciclina, tetraciclina etc).[11]

Identificación

[editar | editar a fonte]

Existen probas de ADN coas que se poden distinguir facilmente as especies de Chlamydia doutras clamidias. Ademais, pode diagnosticarse por detección directa de antíxenos en mostras clínicas, por cultivo ou por seroloxía.

A maioría das cepas de C. trachomatis son recoñecidas por anticorpos monoclonais para os epitopos da rexión VS4 do MOMP.[12] Porén, estes anticorpos monoclonais poden tamén ter reaccións cruzadas coas outras dúas especies do xénero Chlamydia, a C. suis e a C. muridarum.

As probas de laboratorio utilizadas máis importantes son:[13]

  • Probas de amplificación do ácido nucleico (NAAT). Estas probas detectan o material xenético da bacteria. Son as máis sensibles, moi exactas e é moi improbable que se produzan falsos negativos. Poden realizarse a partir de mostras urinarias.).[14]
  • Probas de hibridación de ácidos nucleicos (probas de sondas de ADN). As sondas detectan o ADN da bacteria. É moi exacta pero non tan sensible como as probas de amplificación de ácidos nucleicos.
  • Ensaio de inmunoabsorbencia con encima unido (ELISA, EIA). É unha proba rápida que detecta substancias (antíxenos de clamidia) que activan ao sistema inmunitario.
  • Proba de anticorpos fluorescentes directa (DFA). Esta proba rápida tamén procura os antíxenos de clamidias.
  • Cultivos de células de Chlamydia. É unha proba na que a mostra sospeitosa de ter clamidias faise crecer nun vial de células no laboratorio. O patóxeno infecta as células, e despois dun tempo de incubación de 48 horas o cultivo do vial tínguese e obsérvase nun microscopio óptico de fluorescencia. O cultivo celular é máis caro e leva máis tempo (dous días) que outras probas.
  1. J.P. Euzéby. "Chlamydia". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2008. Consultado o 2008-09-11. 
  2. 2,0 2,1 Ryan KJ, Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. pp. 463–70. ISBN 0-8385-8529-9. 
  3. Kenyon College - Dept. of Biology (2006-08-15). "Chlamydia". MicrobeWiki. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 2008-10-27. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2013. 
  5. Budai I (2007). "Chlamydia trachomatis: milestones in clinical and microbiological diagnostics in the last hundred years: a review". Acta microbiologica et immunologica Hungarica 54 (1): 5–22. PMID 17523388. doi:10.1556/AMicr.54.2007.1.2. 
  6. S Darougar, B R Jones, J R Kimptin, J D Vaughan-Jackson, and E M Dunlop. Chlamydial infection. Advances in the diagnostic isolation of Chlamydia, including TRIC agent, from the eye, genital tract, and rectum. Br J Vener Dis. 1972 December; 48(6): 416–420; TANG FF, HUANG YT, CHANG HL, WONG KC. Further studies on the isolation of the trachoma virus. Acta Virol. 1958 Jul-Sep;2(3):164-70; TANG FF, CHANG HL, HUANG YT, WANG KC. Studies on the etiology of trachoma with special reference to isolation of the virus in chick embryo. Chin Med J. 1957 Jun;75(6):429-47; TANG FF, HUANG YT, CHANG HL, WONG KC. Isolation of trachoma virus in chick embryo. J Hyg Epidemiol Microbiol Immunol. 1957;1(2):109-20
  7. Carlson JH, Whitmire WM, Crane DD; et al. (2008). "The Chlamydia trachomatis Plasmid Is a Transcriptional Regulator of Chromosomal Genes and a Virulence Factor". Infection and immunity 76 (6): 2273–83. PMC 2423098. PMID 18347045. doi:10.1128/IAI.00102-08. 
  8. Nature Genetics (2012-03-12). "Whole genome analysis of Chlamydia trachomatis highlights risks with current method of tracking". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 2012-03-12. 
  9. Public Health Agency of Canada. C. trachomatis
  10. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21769086
  11. Chlamydia Information
  12. Ortiz L, Angevine M, Kim SK, Watkins D, DeMars R (2000). "T-Cell Epitopes in Variable Segments of Chlamydia trachomatis Major Outer Membrane Protein Elicit Serovar-Specific Immune Responses in Infected Humans". Infect. Immun. 68 (3): 1719–23. PMC 97337. PMID 10678996. doi:10.1128/IAI.68.3.1719-1723.2000. 
  13. "Chlamydia Tests". Sexual Conditions Health Center. WebMD. Consultado o 2012-08-07. 
  14. Fredlund H, Falk L, Jurstrand M, Unemo M (2004). "Molecular genetic methods for diagnosis and characterisation of Chlamydia trachomatis and Neisseria gonorrhoeae: impact on epidemiological surveillance and interventions". APMIS : acta pathologica, microbiologica, et immunologica Scandinavica 112 (11–12): 771–84. PMID 15638837. doi:10.1111/j.1600-0463.2004.apm11211-1205.x. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ausina Ruiz V & Sabrià Leal M: Infecciones causadas por clamidias, en Farreras Valentí P & Rozman C: Medicina Interna, (2)303:2694-2699, 14ª Harcourt, Madrid, 2000.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]