Circuítos Continentais UCI
Os Circuítos Continentais UCI ou simplemente tamén chamado Circuíto Continental (oficialmente Elite and under 23 men's Continental Clasifications), son competicións masculinas profesionais de ciclismo en ruta, creadas en 2005, baixo os auspicios da Unión Ciclista Internacional UCI.
Características
[editar | editar a fonte]Os cinco circuítos (representando cada un deles a Europa, África, Oceanía, Asia e América) son inferiores ao UCI ProTour posteriormente UCI World Ranking e UCI WorldTour, categoría raíña do ciclismo en ruta, e superiores á Copa das Nacións UCI creada no ano 2007.
Os Circuítos Continentais UCI compóñense de carreiras nas que varios equipos ciclistas compiten de maneira regular. Os Circuítos Continentais foron creados pola UCI para estender as carreiras ciclistas máis alá de Europa, onde o ciclismo é máis coñecido, xa que teñen lugar as tres Grandes Voltas (Giro de Italia, Tour de Francia e Vuelta a España) ademais de ter a sede a meirande parte dos equipos do UCI ProTour.
Equipos
[editar | editar a fonte]Dentro destes circuítos teñen dereito a partcipar e poder obter puntuación todos os equipos de categoría Profesional Continental ("segunda división", poden participar en probas UCI WorldTour se cumpren os requisitos) e de categoría Contnental ("terceira", poden partipar carreiras con equipos amateus, carreiras .2). Ademais. os UCI WorldTeams tamén poden tomar parte nas carreiras .HC e .1 e dende o 2016, puntuar nas clasificacións continentais.
Carreiras
[editar | editar a fonte]Para que unha carreira se poida rexistrar nos Circuítos Continentais UCI debe presentar un mínimo de 5 equipos estranxeiros na súa liña de saída. Este calendario internacional de carreiras encádrase por categorías (canta maior categoría teña a carreira máis equipos de categoría superior poden participar). Estes son os criterios de invitación a partir da tempada 2016:
Categoría | Carreiras de | Tipos de equipos que poden participar | |
---|---|---|---|
1 día (1.) | varios días (2.)
(puntos para o gañador de cada etapa) |
(UCI Europe Tour) | |
.HC | 1.HC | 2.HC | UCI WorldTeam (máx. 70%), Profesionais Continentais, Continentais do país da carreira, Continentais estranxeiros (máx. 2 equipos) e selección nacional do país da carreira |
.1 | 1.1 | 2.1 | UCI WorldTeam (máx. 50%), Profesionais Continentais, Continentais e seleccións nacionais |
.2 | 1.2 | 2.2 | Profesionais Continentais do país da carreira, Profesionales Continentais estranxeiros (máx. 2 equipos), Continentais, seleccións nacionais, seleccións rexionais e afeccionadas |
.NCup | 1.NCup | 2.NCup | Selecciones nacionais e seleccións mixtas |
Categoría | Carreiras de | Tipos de equipos que poden participar | |
---|---|---|---|
1 día (1.) | varios días (2.)
(puntos para o gañador de cada etapa) |
(UCI Africa Tour, UCI America Tour, UCI Asia Tour e UCI Oceania Tour) | |
.HC | 1.HC | 2.HC | UCI WorldTeam (máx. 65%), Profesionais Continentais, Continentais e seleccións nacionais |
.1 | 1.1 | 2.1 | UCI WorldTeam (máx. 50%), [[Profesionais Continentais, Continentais e seleccións nacionais |
.2 | 1.2 | 2.2 | Profesionais Continentais, Continentais, seleccións nacionais, seleccións rexionais e afeccionados |
.NCup | 1.NCup | 2.NCup | Seleccións nacionais e seleccións mixtas |
Outras carreiras dun día que tamén puntúan son:
- Campionatos Continentais (CC) (dende o 2014 a puntuación é para todos igual. Os campionatos sub-23 dan menos puntos).
Ademais, existen outras carreiras que non aparecen nos calendarios destes circuítos pero que si puntúan (as contrarreloxos tamén puntúan pero non tanto). Esas competicións son:
- Competicións Mundiais: Xogos Olímpicos (XO) e Campionatos do Mundo (CM) (o mundial sub-23 reparte menos puntos).
- Campionatos Nacionais (CN) (dende o 2014 a puntuación é para todos igual. Os campionatos sub-23 non outorgan puntos).
- Xogos Continentais (XR): Son as competicións de ciclismo dos Xogos Europeos, Xogos Panamericanos, Xogos Panafricanos e Xogos Asiáticos que equivalen a unha carreira 1.2 (só a proba en ruta).
UCI Africa Tour
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: UCI Africa Tour.
UCI America Tour
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: UCI America Tour.
UCI Asia Tour
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: UCI Asia Tour.
Edición | Gañador individual
(equipo do gañador) |
Gañador por equipos | Gañador por países | Gañador por países sub-23 |
---|---|---|---|---|
2005-2006 | Andrey Mizourov
( CAPEC) |
Giant Asia | Casaquistán | non se entregou |
2005-2006 | Ghader Mizbani
( Giant Asia) |
Giant Asia | Irán | non se entregou |
2006-2007 | Hossein Askari
( Giant Asia) |
Giant Asia | Irán | Corea do Sur |
2007-2008 | Hossein Askari | Tabriz Petrochemical | Xapón | Irán |
2008-2009 | Ghader Mizbani | Tabriz Petrochemical | Casaquistán | Irán |
2009-2010 | Mahdi Sohrabi | Tabriz Petrochemical | Irán | Irán |
2010-2011 | Mahdi Sohrabi | Tabriz Petrochemical | Irán | Malaisia |
2011-2012 | Hossein Alizadeh | Terengganu | Casaquistán | Casaquistán |
2012-2013 | Julián Arredondo | Tabriz Petrochemical | Irán | Hong Kong |
2013-2014 | Mirsamad Pourseyedi | Tabriz Petrochemical | Irán | Casaquistán |
2015 | Mirsamad Pourseyedi | Pishgaman-Giant Team | Irán | Corea do Sur |
2016 | Mark Cavendish | Pishgaman Giant Team | Irán | Corea do Sur |
2017 |
UCI Europe Tour
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: UCI Europe Tour.
Edición | Gañador individual
(equipo do gañador) |
Gañador por equipos | Gañador por países | Gañador por países sub-23 |
---|---|---|---|---|
2005 | Murilo Fischer | Ceramica Panaria-Navigare | Italia | non se entregou |
2005-2006 | Niko Eeckhout | Acqua & Sapone-Caffè Mokambo | Italia | non se entregou |
2006-2007 | Alessandro Bertolini | Rabobank Continental | Italia | Rusia |
2007-2008 | Enrico Gasparotto
( Barloworld) |
Acqua & Sapone-Caffè Mokambo | Italia | Italia |
2008-2009 | Giovanni Visconti
( ISD-Neri) |
Agritubel | Italia | Bélxica |
2009-2010 | Giovanni Visconti
( ISD-Neri) |
Vacansoleil | Italia | Bélxica |
2010-2011 | Giovanni Visconti | FDJ | Italia | Italia |
2011-2012 | John Degenkolb | Saur-Sojasun | Italia | Italia |
2012-2013 | Riccardo Zoidl | Europcar | Francia | Países Baixos |
2013-2014 | Tom Van Asbroeck | Topsport Vlaanderen-Baloise | Italia | Países Baixos |
2015 | Nacer Bouhanni
( Cofidis) |
Topsport Vlaanderen-Baloise | Italia | Italia |
2016 | Baptiste Planckaert | Wanty-Groupe Gobert | Bélxica | Italia |
2017 |
UCI Oceania Tour
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: UCI Oceania Tour.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do UCI Africa TourArquivado 08 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina oficial do UCI America TourArquivado 06 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina oficial do UCI Asia TourArquivado 20 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina oficial do UCI Europe TourArquivado 04 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina oficial do UCI Oceania TourArquivado 06 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)