Cirrio
Os cirrios,[1] ou birrios,[2] son aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, subfamilia dos apodinos e tribo dos apodininos.
Outros nomes galegos para algunhas especies son andoriñón ou andurón.
Características
[editar | editar a fonte]Son semellantes ás salanganas de Asia e Oceanía,[3] que pertencen a outra tribo, a dos colocaliinos e, ambos os grupos, morfoloxicamente parecidos ás andoriñas, pero non están estreitamente emparentados con elas, nin con ningún paseriforme; as semellanzas coas andoriñas son só o resultado dunha converxencia evolutiva.
De corpo pequeno e estilizado, de entre os 9 e os 25 cm de lonxitude, segundo a especie, coa plumaxe de coloración xeralmente negra ou apardazada, (aínda que algunhas especies presentan a rexión ventral máis clara ou manchas coloreadas na zona da garganta), sen dimorfismo sexual evidente, e ás extremamente longas, en comparación ao resto do corpo, e en forma de fouciño, aptas para o voo rápido, así como unha ampla apertura bucal e un peteiro reducido e algo curvado, rodeado de serdas, apto para atraparen insectos en voo.
As plumas primarias, longas e estreitas, xunto coas penas secundarias moito máis curtas, permítenlles un voo rápido e a posibilidade de planar.
As patas e os dedos son moi curtas e ineficaces para camiñaren polo solo, e só son adecuadas para aferrarse. Por iso nunca pousan voluntariamente en terra, pero si pousan pendurando en superficies verticais, xa que de pousaren horizontalmente podería significar a morte da ave ao non poder remontaren o voo, tendo as patas tan curtas e as ás tan longas, porque non teñen un punto de apoio adecuado para iniciaren o voo.
Estas aves pertencen ao grupo das mellores aves voadoras do mundo, e moitas das especies poden permaneceren en voo durante meses. Comen, dormen e se reproducen no aire, e só aterran para poñeren os ovos. O seu alimento consiste en insectos voadores, que capturan en voo, a miúdo xusto na superficie da auga ou por riba doutro tipo de zonas húmidas. A auga é, polo tanto, un elemento importante para estas especies.[4]
A fisioloxía dos cirrios está especialmente adaptada para o modo de vida aéreo do grupo, ás veces a grande altitude. O tipo de hemoglobina que posúen é diferente ao das restantes aves, e permite o transporte de grandes cantidades de oxíxeno a baixa presión. Grazas a estas adaptacións excepcionais para o voo e á forma das ás, os cirrios pasan gran parte do seu tempo no aire, e algunhas especies (como o cirrio común) son mesmo capazces de durmiren cando planan.
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia pódense atopar catro especies:
- Apus affinis, o cirrio pequeno.[5]
- Apus apus, o cirrio común,[6] ou cirrio.[5]
- Apus melba, o andoriñón real,[5] ou andurón real.[7]
- Apus pallidus, o cirrio pálido.[5][6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cirrio común no chan
-
Cirrio común voando nunha cidade
-
Andoriñón real
-
Cirrio pálido no chan
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cirrio.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birrio.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
- ↑ Chantler, P. (2016): Swifts (Apodidae). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (eds.). Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa 1: 121-138.
- ↑ 6,0 6,1 Dicionaro Digalego cirrio Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Penas Patiño, X. M.; Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2004): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9612-869-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chantler, Phil & Gerald Driessens (2000): A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4.
- Dickinson, E. C. & Remsen Jr., J. V. (2013): The Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World. Volume 1 Non-passerines, 4th Edition. Eastbourne, U.K.: Aves Press. ISBN 978-0-9568-6112-2.
- Josep del Hoyo, Andrew Elliott, Jordi Sargatal & Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
- Josep del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool, Peter Boesman & Guy M. Kirwan (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1. Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / Birdlife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |