Cleveland Browns
Cleveland Browns | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1946 Sede en Cleveland, OH | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
All-America Football League (1946−1949)
National Football League (1950–presente)
| |||
Uniforme actual | |||
Cores | Marrón, laranxa, branco | ||
Mascota | Chomps, Swagger | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Jimmy e Dee Haslam | ||
Presidente | Paul DePodesta | ||
Director xeral | Sashi Brown | ||
Adestrador | Hue Jackson | ||
Historia | |||
| |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (8)
1946, 1947, 1948, 1949
| |||
Conferencia (11)
| |||
División (12)
| |||
Estadios | |||
|
Os Cleveland Browns son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na cidade de Cleveland, Ohio. Forman parte da National Football League (NFL) como membros da American Football Conference (AFC) na súa División Norte. Actualmente xogan os seus partidos como local no FirstEnergy Stadium,[1] recinto inaugurado en 1999 con capacidade para 67.431 espectadores, estando as súas oficinas e campos de adestramento en Berea, Ohio. As cores oficiais dos Browns son o marrón, o laranxa e o branco. Son a única franquía da NFL que non ten o seu escudo no casco e o único equipo cuxo nome procede dunha persoa específica, o seu primeiro adestrador Paul Brown.[2]
A franquía foi fundada no ano 1945 polo empresario Arthur B. McBride e o adestrador Paul Brown, sendo un dos equipos fundadoras da All-America Football Conference (AAFC). Os Browns dominaron a AAFC, acadando un balance de 47 vitorias por catro derrotas e tres empates durante os catro anos que existiu a competición, gañando o campionato en todas as súas edicións.[3] Cao desaparición da AAFC en 1949, os Browns uníronse á National Football League xunto cos San Francisco 49ers e os Baltimore Colts orixinais. Na súa primeira temporada na NFL os Browns conseguen gañar o título de campións, repetindo en 1954, 1955 e 1964, marcando un fito do deporte profesional norteamericano ao conseguir xogar a final do campionato en cada un dos seus primeiros dez anos de existencia. Desde 1965 até 1995 o equipo clasfícase en catorce ocasións para os playoffs, mais non consegue gañar ningún título nin xogar unha Super Bowl.
En 1995, o propietario Art Modell, dono da franquía desde 1961, anunciou a súa intención de trasladar o equipo a Baltimore, Maryland. Despois da amenaza por parte da cidade de Cleveland e dos seareiros de tomar medidas legais, chegouse ao acordo que permitiu a creación dos Baltimore Ravens: o equipo mentería os empregos dos xogadores e os traballadores en Baltimore e ademais o nome da franquía, as cores, os logos e a súa historia permenecerían na cidade até a creación dun novo equipo. Isto sucedería pouco tempo despois, cando en 1999 regresan os Browns como equipo de expansión.[4] Desde a reanudación da actividade da franquía, os Browns so conseguiron finalizar dúas temporadas con máis vitorias que derrotas (2002 e 2007), xogando tan só unha vez os playoffs (2002).
Historia
[editar | editar a fonte]Os Cleveland Browns foron fundados e entraron en competición en 1946 como membro da All-America Football Conference (AAFC), uníndose á NFL cando a AAFC desapareceu. Ao longo da súa historia gañaron un total de oito equipos, catro da AAFC e outros catro da NFL (todos eles cando aínda non existía a Super Bowl). Conta tamén cunha tempada invicta cun balance de 15-0.
O equipo sufriu un período de inactividade entre 1996 e 1999 debido ao traslado da franquía a Baltimore. Non obstante, en 1998, coa expansión da NFL aos 32 equipos actuais, creouse un novo equipo en Cleveland que herdaría tanto o nome coma o seu historial, pasando o novo equipo de Baltimore a denominarse Baltimore Ravens, e comezando a súa historia dende cero.
Logo e uniformes
[editar | editar a fonte]Os Browns son o único equipo da National Football League que non posúe un logotipo de casco. De feito, a silueta dun casco sen ese escudo é o logo oficial da franquía. Entre 1957 e 1960 os xogadores levaron o seu número no casco, mentres que en 1965[5] creouse o logo "CB",[6] o cal non chegou a ser utilizado. Así, durante a maior parte da súa historia o casco dos Browns ten sido un casco laranxa cunha liña marrón escuro vertical dividida por unha liña branca e sen ningún tipo de adorno. A pesar de non ter ningún logo o equipo si utilizou diferentes tipografías para representar ao equipo:
-
Tipografía (1983−1995)
Tipografía (1999−2002) -
Tipografía (1975−1995)
-
Tipografía (1972−2002)
-
Tipografía (2006−2014)
-
Logo "CB" (1965)
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: FirstEnergy Stadium.
Durante toda a súa historia os Cleveland xogaron os seus partidos como local en dous estadios diferentes, o Cleveland Stadium e o FirstEnergy Stadium. O primeiro deles fora inaugurado o 1 de xullo de 1931 como un dos primeiros estadios polideportivos estadounidenses, xa que tiña capacidade para albergar partidos de béisbol e de fútbol americano. De feito, foi sede durante décadas dos Cleveland Indians da Major League Baseball (MLB) alén dos propios Browns. O estadio acolleu eventos da importancia do All-Star da MLB en catro ocasións e dúas Series Mundiais (1948 e 1954). A capacidade do recinto era de 74.438 espectadores para béisbol, a maior das Grandes Ligas, e de 81.000 no caso do fútbol americano.
Tras moitos anos de servizo, en 1994 os Indians mudáronse ao Jacobs Field mentres que se anunciaron obras para remodelar o estadio. Con todo, os plans nunca se levaron a cabo o que provocou a marcha do equipo a Baltimore. Tras quedar sen uso o estadio foi demolido en 1996. Tres anos despois, en 1999, abriría o FirstEnergy Stadium con motivo da volta do equipo. Inaugurado co nome de Cleveland Browns Stadium, foi renovado en dúas fases en 2014 e 2015. O estadio, deseñado polas compañías HOK Sport, Robert P. Madison International, Inc. e Ralph Tyler Companies, tivo un custo de 1.300 millóns de dólares, sendo a súa propiedade correspondente á cidade de Cleveland. A capacidade inicial do estadio era de 73.200 espectadores, a cal foi reducida até os 67.431 tras as renovacións. O estadio está situado nun terreo de 13 ha situado á beira do Lago Erie no norte da cidade, moi cerca do Centro Científico dos Grandes Lagos e o Salón da Fama do Rock and Roll.[7]
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Membros do Hall of Fame
[editar | editar a fonte]Os Cleveland Browns son un dos equipos con máis membros no Pro Football Hall of Fame cun total de dezaseis xogadores electos pola súa contribuación á franquía e oito xogadores ou adestradores máis que pasaron polo menos un ano nela.[8]
Membros do Pro Football Hall of Fame dos Cleveland Browns | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | |||||||||
No. | Nome | Posición | Anos | Ingreso | No. | Nome | Posición | Anos | Ingreso |
14 | Otto Graham | QB | 1946–1955 | 1965 | 74 | Mike McCormack | OT | 1954–1962 | 1984 |
76 | Marion Motley | FB | 1946–1953 | 1968 | 52 | Frank Gatski | C | 1946–1956 | 1985 |
32 | Jim Brown | FB | 1957–1965 | 1971 | 18 | Len Dawson | QB | 1960–1961 | 1987 |
76 | Lou Groza | OT / K | 1946–1959 1961–1967 |
1974 | 65 | Chuck Noll | RG / LB | 1953–1959 | 1993 |
86 | Dante Lavelli | WR | 1946–1956 | 1975 | 44 | Leroy Kelly | RB | 1964–1973 | 1994 |
80 | Len Ford | DE | 1950–1957 | 1976 | 72 | Henry Jordan | OT | 1957–1958 | 1995 |
60 | Bill Willis | T | 1946–1953 | 1977 | 44 | Don Shula | DB | 1951–1952 | 1997 |
87 | Willie Davis | DE | 1958–1959 | 1981 | 82 | Ozzie Newsome | TE | 1978–1990 | 1999 |
83 | Doug Atkins | DE | 1953–1954 | 1982 | 29 | Tommy McDonald | WR | 1968 | 1998 |
49 | Bobby Mitchell | WR / RB | 1958–1961 | 1983 | 64 | Joe DeLamielleure | OG | 1980–1984 | 2003 |
42 | Paul Warfield | WR | 1964–1969 1976–1977 |
1983 | 66 | Gene Hickerson | OG | 1958–1960 1962–1973 |
2007 |
Adestradores | |||||||||
Nome | Posicións | Anos | Ingreso | ||||||
Paul Brown | Adestrador | 1946–1962 | 1967 | ||||||
Forrest Gregg | Adestrador | 1975–1977 | 1977 |
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia os Cleveland Browns retiraron formalmente cinco dorsais.[9] Desde 1993 até 2013 o número 19 estivo retirado de forma non oficial na honra de Bernie Kosar. A excepción foi Frisman Jackson que o en 2004 até que as protestas dos fans fixeron que o mudase. En 2014 Miles Austin preguntou se podería lever o número, séndolle concedido permiso. Outra honra concedida polos Browns ao seus xogadores máis destacados é o Ring of Honor, onde os nomes dos homenaxeados figuran na cuberta alta do estadio. Os primeiros en recibir a honra foron os dezaseis antigos xogadores do club ingresados no Salón da Fama. Por último, é preciso destacar as dúas estatuas que fixo construír a franquía como homenaxe: a do propietario Alfred Lerner (fronte a sede administrativa do equipo) e a do running back Jim Brown (fronte o First Energy Stadium).
Dorsais retirados polos Cleveland Browns | ||||
Otto Graham QB, 1946-55 |
Jim Brown RB, 1957-65 |
Ernie Davis HB, 1962 |
Don Fleming S, 1960-62 |
Lou Groza OL/K, 1946-59, '61-67 |
Corpo técnico
[editar | editar a fonte]Adestradores
[editar | editar a fonte]Incluído no Pro Football Hall of Fame como adestrador | |
Incluído no Pro Football Hall of Fame como xogador | |
Pasou toda a súa carreira de adestrador nos Browns |
Nome | Anos | Temporada regular | Playoffs | Logros | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PA | V | D | E | %V | PA | V | D | %V | ||||
1 | Paul Brown | 1946–1962 | 214 | 158 | 48 | 8 | .767 | 14 | 9 | 5 | .643 | 4 Campión da AAFC (1946, 1947, 1948, 1949) 3 Campión da NFL (1950, 1954, 1955) 7 Campión de Conferencia da NFL (1950–55, 1957) |
2 | Blanton Collier | 1963–1970 | 112 | 76 | 34 | 2 | .691 | 7 | 3 | 4 | .429 | Campión da NFL (1964) 4 Campión da Conferencia Leste (1964, 1965, 1968, 1969) 3 Campión da División Century (1967,1968, 1969) |
3 | Nick Skorich | 1971–1975 | 56 | 30 | 24 | 2 | .556 | 2 | 0 | 2 | .000 | Campión da AFC Central (1971) |
4 | Forrest Gregg | 1975–1977 | 41 | 18 | 23 | 0 | .439 | — | — | — | — | |
5 | Dick Modzelewski | 1977 | 1 | 0 | 1 | 0 | .000 | — | — | — | — | |
6 | Sam Rutigliano | 1978–1984 | 97 | 47 | 50 | 0 | .485 | 2 | 0 | 2 | .000 | Campión da AFC Central (1980) |
7 | Marty Schottenheimer | 1984–1988 | 71 | 44 | 27 | 0 | .620 | 6 | 2 | 4 | .333 | |
8 | Bud Carson | 1989–1990 | 25 | 11 | 13 | 1 | .458 | 2 | 1 | 1 | .500 | Campión da AFC Central (1989) |
9 | Jim Shofner | 1990 | 7 | 1 | 6 | 0 | .143 | — | — | — | — | |
10 | Bill Belichick | 1991–1995 | 80 | 36 | 44 | 0 | .450 | 2 | 1 | 1 | .500 | |
11 | Chris Palmer | 1999–2000 | 32 | 5 | 27 | 0 | .156 | — | — | — | — | |
12 | Butch Davis | 2001–2004 | 58 | 24 | 34 | 0 | .414 | 1 | 0 | 1 | .000 | |
13 | Terry Robiskie | 2004 | 6 | 1 | 5 | 0 | .167 | — | — | — | — | |
14 | Romeo Crennel | 2005–2008 | 64 | 24 | 40 | 0 | .375 | — | — | — | — | |
15 | Eric Mangini | 2009–2010 | 32 | 10 | 22 | 0 | .313 | — | — | — | — | |
16 | Pat Shurmur | 2011–2012 | 32 | 9 | 23 | 0 | .281 | — | — | — | — | |
17 | Rob Chudzinski | 2013 | 16 | 4 | 12 | 0 | .250 | — | — | — | — | |
18 | Mike Pettine | 2014–2015 | 32 | 10 | 22 | 0 | .313 | — | — | — | — | |
19 | Hue Jackson | 2016–presente | 16 | 1 | 15 | 0 | .067 | — | — | — | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Florjancic, Matt (15-01-2013). "Browns Stadium to become 'FirstEnergy Stadium'" (en inglés). Cleveland Browns. Arquivado dende o orixinal o 29-04-2017. Consultado o 02-04-2017.
- ↑ Gribble, Andrew (24-02-2015). "Browns' logos sneak preview of what's to come" (en inglés). Cleveland Browns. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2016. Consultado o 02-04-2017.
- ↑ "Cleveland Browns-Team history" (en inglés). pigskinacademy.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 02 de abril de 2017.
- ↑ Cabot, Mary Kay (06-09-2012). "Art Modell's decision to move Cleveland Browns haunted him for rest of life". The Plain Dealer (en inglés).
- ↑ Grzegorek, Vince (09-02-2010). "The Hunt for the Great Orange, Brown, and White Whale: Unraveling the Mystery of the 1965 "CB" Cleveland Browns Helmet Logo | '64 and Counting: Scene's Sports Blog" (en inglés). Cleveland Scene.
- ↑ "Image of Cleveland Browns "CB" helmet" (en inglés).
- ↑ 2015 Official NFL Record and Fact Book (PDF) (en inglés). National Football League. 2014. p. 58. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2015. Consultado o 18 de abril de 2017.
- ↑ "Hall of Famers by Franchise". Pro Football Hall of Fame (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17-03-2007. Consultado o 02-04-2017.
- ↑ "NFL retired Player Numbers". NFL.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2017. Consultado o 02 de abril de 2017.