Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica
- Artigo principal: Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.
A Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica é unha organización dedicada a "obter e desenvolver estabilidade e consenso nos nomes científicos dos animais".
Fundada en 1895, está integrada por 28 membros de 20 países, basicamente taxónomos zoóloxicos en activo. Os membros son elixidos por pares, respondendo nas Asembleas Xerais da Unión Internacional de Ciencias Biolóxicas (IUBS) ou outros Congresos Internacionais.
O traballo da Comisión realízao un pequeno Secretariado, con base no Museo de Historia Natural de Londres, e con fondos do Trust Internacional para a Nomenclatura Zoolóxica (ITZN), unha organización benéfica.
A Comisión asiste á comunidade zoolóxica "a través da xeración e difusión de información sobre o correcto uso dos nomes científicos de animais."
A ICZN publica o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (tamén coñecido entre os zoólogos como O Código), que contén as regras formais "universalmente aceptadas que gobernan a aplicación dos nomes científicos de todos os organismos que son considerados como animais."
A Comisión tamén proporciona regras para problemas individuais que se someten á súa consideración, actuando como árbitro en casos contenciosos, onde a estrita adhesión ao Código podería interferir coa estabilidade do uso. Esas regras publícanse no Bulletin of Zoological Nomenclature.
O 10 de agosto de 2006 a comisión presentou ZooBank, un rexistro dos nomes científicos de cada especie animal coñecida.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés) Consultada o 14/5/2012.
- Texto do Código (en inglés) Consultada o 14/5/2012.
- Páxina web oficial de ZooBank (en inglés) Consultada o 14/5/2012.