Saltar ao contido

Comité do Patrimonio da Humanidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comité do Patrimonio da Humanidade
Logo
Tipocomisión
Data de fundación1977
Na rede
https://whc.unesco.org/fr/comite/
editar datos en Wikidata ]

O Comité do Patrimonio da Humanidade é o organismo encargado de escoller os sitios para ser listados como Patrimonio da Humanidade da UNESCO, incluídas a Lista do Patrimonio Mundial e a Lista do Patrimonio Mundial en Perigo. O comité define o uso do Fondo do Patrimonio Mundial e asigna asistencia financeira a petición dos estados membros.[1] Está formado por representantes de 21 estados membros[2][1] que son elixidos pola Asemblea Xeral dos Estados Membros para un mandato de catro anos.[3] Estes membros votan nas decisións e propostas relacionadas coa Convención do Patrimonio da Humanidade e a Lista do Patrimonio Mundial.

Segundo a Convención do Patrimonio Mundial, o mandato dun membro dun comité é de seis anos. Porén, moitos estados membros optan por limitar voluntariamente o seu mandato a catro anos, co fin de darlle a outros estados a oportunidade de servir.[3] Todos os membros elixidos na XV Asemblea Xeral (2005) optaron voluntariamente por reducir o seu mandato de seis a catro anos.[3]

As deliberacións do Comité do Patrimonio Mundial contan coa axuda de tres órganos consultivos, a UICN, o ICOMOS e o ICCROM.[4][5]

  1. 1,0 1,1 UNESCO. "The World Heritage Committee". UNESCO. Consultado o 27 de xuño de 2019. 
  2. De acordo coa páxina UNESCO World Heritage, States Parties son países que asinaron e ratificaron The World Heritage Convention. En marzo de 2013, había un total de 170 estados membros.
  3. 3,0 3,1 3,2 "The World Heritage Committee". UNESCO World Heritage Site. Consultado o 2006-10-14. 
  4. UNESCO World Heritage Centre. "Advisory Bodies". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 27 de xuño de 2019. 
  5. Office of the External Auditor for the United Nations Scientific, Educational and Cultural Organization (2011) Independent Evaluation by the UNESCO External Auditor, Volume 1: Implementation of the Global Strategy for the Credible, Balanced and Representative World Heritage List. UNESCO Headquarters, París.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]