Contusión
Contusión | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Contusión na coxa dunha perna. | |
ICD-10 | S00-S90, T14.0 |
ICD-9 | 920-924 |
DiseasesDB | 31998 |
MedlinePlus | 007213 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha contusión é un tipo de lesión física non penetrante sobre un corpo humano ou animal causada pola acción de obxectos duros, de superficie obtusa ou roma, que actúan sobre o organismo por intermedio dunha forza máis ou menos considerable.[1] Os efectos dun golpe contuso varían segundo a forza e enerxía aplicada sobre o organismo dando lugar a unha lesión superficial, como unha equimose, ou lesións sobre órganos e vísceras que poden comprometer a vida do suxeito, como unha fractura.
Cadro clínico
[editar | editar a fonte]Os signos clásicos dunha contusión son a dor, o aumento de capacidade leve ou moderada no lugar do golpe e, ocasionalmente, edema leve.[2] A contusión é unha lesión pechada que non afecta á pel, polo tanto, non é errosiva nin afecta a epiderme como no caso dunha ferida cortante ou penetrante.[3][4] A pel ou os órganos poden cambiar de cor por efecto do sangue derramado, formando hematomas e equimose.
Cando a contusión é leve, a dor é moderada e tardía, permite continuar o esforzo. Con tratamento, a súa evolución é favorable. Por tratarse dunha lesión pechada, a contusión non leva risco de contaminación externa e infección.[5]
Tratamento
[editar | editar a fonte]En contusións pequenas a inflamación mellora aplicando sinxelamente un pouco de xeo ou compresas frías. Se a contusión provén dun golpe máis forte, adóitase indicar a aplicación de xeo e elevar a parte afectada e deixala en repouso. Os golpes contusos fortes poden afectar órganos sólidos, polo que se debe consultar cun especialista en saúde.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Juan Antonio Gisbert Calabuig. Medicina Legal y Toxicología (en español) (2da ed.). Elsevier. ISBN 844581415X.
- ↑ Enciclopedia Microsoft Encarta Online. "Contusión". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2009. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ Diccionario de la lengua española de la Real Academia Española Contusión (Vigésima segunda edición).por hay del 2019 el quimico darwin creo Último acceso 18 de abril de 2009.
- ↑ Pedro Mata y Fontanet. Tratado de medicina y cirugía legal (en español) (3ra ed.). Universidad de Oxford.
- ↑ Manual Para El Diplomado en Enfermeria (ats/due). Temario de Oposiciones. (en español). MAD-Eduforma. ISBN 8466522735.
- ↑ Fernando, Luna Rosauro. Prevención de Riesgos Laborales (en español). Publicaciones Vértice. ISBN 8492598751.