Coral Polifónica de Ribadeo
Coral Polifónica de Ribadeo | |
---|---|
Tipo | coro |
Data de fundación | 1955 |
Sede | Ribadeo |
País | Galicia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Coral Polifónica de Ribadeo foi fundada en 1955. É a decana da provincia de Lugo[1]. Desde o día da súa presentación o 20 de xullo de 1955 no cine-Teatro de Ribadeo, estivo dirixida por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ata 1983, un ano antes do seu falecemento[2]. A partir desa data a dirección pasou a mans de María del Carmen Rodríguez Cancelo, mestra e profesora de música, titulada polo Real Conservatorio de Música de Madrid
Descrición
[editar | editar a fonte]A coral conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, tanto españolas como doutros países. Conta[cando?] cunhas 55 voces mixtas, dende tenores, soprenos, contraltos e baixos.
Realizou actuacións en numerosas vilas e cidades de Galicia e Asturias, e tamén en Astorga, Donostia, Barcelona, Sabadell, Jaén, Marbella, Laredo, Los Corrales de Buelna, Madrid, Valladolid, Logroño, León, Boadilla del Monte, Medina del Campo e Portugal.
En decembro de 2002 presentou o CD Nos mares da música.
En diversas ocasións actuou conxuntamente con agrupacións instrumentais da vila: Banda Municipal, Grupo de Gaitas, Rondalla... Colabora habitualmente coa Coral a pianista Carmen Álvarez Lebredo.
O concello concedeulle a Medalla de Ouro de Ribadeo[1] no ano 2006 con motivo do seu 50º aniversario. Ademais, a Asociación de Radio e Televisión de Lugo outorgoulle o premio Lucense do ano, 2006.
En 2009 a Fundación Iniciativas recoñeceu o labor de dirección de María del Carmen Rodríguez Candelo pol[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Currículo". 3/01/2009. Consultado o 24/05/2018.
- ↑ "Un ano de Centenario". 23/05/2018. Arquivado dende o orixinal o 24/05/2018. Consultado o 24/05/2018.
- ↑ "A Fundación Iniciativas 21 recoñece o traballo da nosa directora". 18/12/2009. Consultado o 24/05/2018.