Saltar ao contido

Coroa norueguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coroa norueguesa
norsk krone en noruegués
Código:NOK
Ámbito:Noruega Noruega
Símbolo:kr
Fracción:100 øre
Moedas:50 øre 1, 5, 10, 20 coroas
Billetes:50, 100, 200, 500, 1.000 coroas
Emisor:Banco de Noruega
Taxa de troco:
10-12-2009
1 EUR = 8,4468 NOK
1 USD = 5,7337 NOK
Troco actual

A coroa (en noruegués krone) é a moeda nacional de Noruega. Divídese en 100 øre e o seu código ISO 4217 é NOK. Normalmente abreviase como kr.

A coroa introduciuse por primeira vez en 1875 para substituír o speciedaler noruegués cunha taxa de cambio de 4 coroas por speciedaler. Ao introducir a nova moeda Noruega uniuse á Unión Monetaria Escandinava, creada en 1873. Esta Unión durou até 1914 mais despois da súa disolución, Dinamarca, Noruega e Suecia decidiron manter o nome da moeda dos seus respectivos territorios.

Dentro da Unión Monetaria, a coroa mantíñase dentro dunha base en ouro de 2.480 NOK = 1 quilo de ouro puro (1 NOK = 403,226 miligramos de ouro). Esta base restaurouse entre 1916 e 1920, e de novo en 1928 mais suspendeuse permanentemente en 1931, cando se estableceu unha taxa de cambio fronte á libra esterlina de 19,90 NOK por libra. En 1939, Noruega fixou a taxa de cambio da coroa ao dólar en 4,40 NOK por dólar.

Durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial, a coroa fixou a súa taxa de cambio ao reichsmark en 1 NOK = 0,60 marcos, pero despois reduciuse a 0,57 marcos. Trala guerra, introduciuse unha nova taxa de cambio de 20 NOK = 1 GBP (4.963 NOK = 1 USD). A fixación con líbraa esterlina mantívose en 1949 cando esta devalouse fronte ao dólar, chegando a unha taxa de cambio de 7.142 NOK por dólar. En decembro de 1992, o Banco Central de Noruega abandonou a taxa de cambio fixa en favor dunha taxa de cambio flutuante debido ás duras especulacións contra a divisa norueguesa a principios dos anos 90, o que lle fixo perder ao Banco Central máis de 2 billóns de coroas para defender a compra de coroas norueguesas utilizando reservas das divisas estranxeiras nun curto período de tempo.

En 1875, introducíronse as primeiras moedas (algunhas datadas en 1874) en denominacións de 10, 50 øre, 1, 10 e 20 coroas. Estas moedas tamén reflectían a denominación das moedas previas á coroa: 3, 15, 30 skilling, 2½ e 5 speciedaler. Entre 1875 e 1878, introduciuse a nova moeda completamente en denominacións de 1, 2, 5, 10, 25, 50 øre, 1, 2, 10 e 20 coroas. As moedas de 1, 2 e 5 øre cuñáronse en bronce, as de 10, 25, 50 øre, 1 e 2 coroas en prata, e as de 10 e 20 coroas en ouro.

As últimas moedas de ouro cuñáronse en 1910, e en 1920 o cuproníquel substituíu a prata. Entre 1917 e 1921, o ferro substituíu temporalmente ao bronce. Tamén nesta data cuñáronse as últimas moedas de 2 coroas. Durante a ocupación alemá utilizouse o zinc no canto do cuproníquel nas moedas de 10, 25 e 50 øre, e a produción de moedas de 1 coroa suspendeuse.

En 1963, introducíronse moedas de 5 coroas, mentres que en 1972, a produción de moedas de 1 e 2 øre cesou. En 1973 o tamaño das moedas de 5 øre reduciuse, e en 1982 a súa produción terminou xunto coas de 25 øre. En 1983 introducíronse moedas de 10 coroas, e en 1992 cuñáronse as últimas moedas de 10 øre. Entre 1994 e 1998 introduciuse un novo cono monetario composto de moedas de 50 øre, 1, 5, 10 e 20 coroas.

Denominación Metal Canto Diámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
Anverso Reverso
50 Øre Cu+Zn Liso 18,50 3,50 Coroa 50 ØRE - Portada da Igrexa de madeira de Urnes - NORGE - ano de cuñaxe
1 Coroa Cu+Nin Liso 21,00 4,35 Cruz con brazos coroados - NORGE 1 KRONE - Ave estilizada pousada nunha rama - ano de cuñaxe
5 Coroas Cu+Nin Estriado 26,00 7,85 Escudo persoal do rei Harald V - KONGERIKET NOREG 5 KRONER - Motivos florais - ano de cuñaxe
10 Coroas Cu+Nin+Zn Estriado
descontinuo
24,00 6,80 HARALD V - ALT FOR NORGE 10 KR - Tellado da igrexa de Stave
20 Coroas Cu+Nin+Zn Liso 27,50 9,90 HARALD V - ALT FOR NORGE 20 KR - Drakkar

En 1877 o Banco de Noruega introduciu billetes de 5, 10, 50, 100, 500 e 1.000 coroas. En 1917, engadíronse billetes de 1 e 2 coroas que se emitiron entre 1918 e 1922. Debido á escaseza de metais, os billetes de 1 e 2 coroas volveron imprimirse entre 1940 e 1950. En 1963, as moedas de 5 coroas substituíron os billetes da mesma denominación, e o mesmo pasou cos de 10 coroas en 1984. En 1994 engadíronse as denominacións de 200 coroas.

Denominación Cor predominante Dimensións Anverso Reverso
50 Coroas Verde 128 x 60 mm 50 - FEMTI KRONER - Peter Christen Asbjørnsen - Bosque de coníferas - NORGES BANK 50 - FEMTI KRONER - Lago con nenúfares - NORGES BANK
100 Coroas Vermello/Violeta 136 x 65 mm 100 - HUNDRE KRONER - Kirsten Flagstad - Ópera Nacional de Noruega - NORGES BANK 100 - HUNDRE KRONER - Plano da Ópera Nacional de Noruega - NORGES BANK
200 Coroas Azul 144 x 70 mm 200 - TO HUNDRE KRONER - Kristian Birkeland - Osa Maior - NORGES BANK 200 - TO HUNDRE KRONER - Mapa da rexión ártica - Aurora boreal - NORGES BANK
500 Coroas Marrón 152 x 75 mm 500 - FEM HUNDRE KRONER - Sigrid Undset - Tapiz da rexión de Gudbrandsdal - NORGES BANK 500 - FEM HUNDRE KRONER - Grilanda sobre tapiz - NORGES BANK
1000 Coroas Violeta 160 x 80 mm 1000 - TUSEN KRONER - Edvard Munch - NORGES BANK 1000 - TUSEN KRONER - Sol sobre paisaxe norueguesa - NORGES BANK

Taxas de troco

[editar | editar a fonte]

O valor da coroa norueguesa, comparado co doutras moedas, varía considerablemente dun ano polo outro, maioritariamente a consecuencia das flutuacións dos prezos do petróleo e pola variación do tipo de xuro.

En 2002 a coroa empezou a subir até niveis marca en comparación co euro e o dólar estadounidense, e continuaron a niveis moi altos se os comparamos cos de antes do ano das subidas continuadas. As taxas de cambio a 10 de decembro de 2009 foron:

  • 1 EUR = 8,4468 NOK
  • 1 USD = 5,7337 NOK

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]