Saltar ao contido

Coursera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coursera
Logo
TipoMassive online open course provider, páxina web, empresa de educação e empresa de capital aberto
Data de fundación2012
Fundador(es)Andrew Y. Ng e Daphne Koller
Director/aJeff Maggioncalda
SedeMountain View
EnMountain View
PaísEstados Unidos de América
37°23′31″N 122°06′13″O / 37.391944444444, -122.10361111111
Na rede
https://www.coursera.org
Facebook: Coursera Twitter: coursera Instagram: coursera LinkedIn: coursera Youtube: UCZ50rYSkYQG31YDEJm9Di_g Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Coursera (/kɔrsˈɛrə/) é unha plataforma educativa na que se imparten cursos online gratuítos e abertos a todo o mundo, na que participan algunhas das máis prestixiosas universidades a nivel internacional.

Foi fundada en abril de 2012 por dous profesores de Ciencias da computación da Universidade de Stanford[1], Daphne Koller e Andrew Ng, co fin de desenvolver dentro do ámbito do e-learning unha ampla oferta educativa. Xunto coa outra gran plataforma: edX [2], fundada pola asociación da Universidade de Harvard e o MIT, constitúen as dúas entidades MOOCs (Cursos en liña abertos e masivos) máis relevantes ata o momento.

Coursera supera os tres millóns de estudantes, repartidos por todo o mundo, que cursan algún dos máis de 200 cursos impartidos maioritariamente en lingua inglesa, pero tamén en español, francés, chinés e italiano.

Algúns destes cursos permiten obter un certificado que avala a realización do curso, previo pago dunha cantidade, sempre que o estudante expedise previamente un certificado de identidade verificada.

We are a social entrepreneurship company that partners with the top universities in the world to offer courses online for anyone to take, for free. We envision a future where the top universities are educating not only thousands of students, but millions. Our technology enables the best professors to teach tens or hundreds of thousands of students.
Somos unha empresa cun forte espírito emprendedor no ámbito social que se asocia coas mellores universidades do mundo para ofrecer cursos online para calquera persoa e de forma gratuíta. Nós concibimos un futuro onde as mellores universidades eduquen non só a milleiros de estudantes senón a millóns deles. A nosa tecnoloxía permite que os mellores profesores poidan ensinar a decenas ou centos de miles de estudantes.

Universidades asociadas

[editar | editar a fonte]

Coursera comezou as súas actividades en abril de 2012 baixo o patrocinio da Universidade de Stanford e en compañía das universidades de Míchigan[3], Princeton e Pennsylvania[4]. En xullo dese mesmo ano súmanse outras 12 universidades e 17 máis en setembro, ata acadar as 62 actuais.

Centros que imparten cursos en castelán

[editar | editar a fonte]

En novembro de 2012 anunciouse a colaboración co Consello de Educación Americana para validar os créditos dos cursos desta plataforma. Na páxina web ofértase unha ampla variedade de cursos do ámbito da bioloxía, medicina, matemáticas, informática e ciencias sociais entre outros. O material publicado nestes cursos adoita conter vídeos explicativos e material impreso adicional, así coma calquera bibliografía “ad hoc” recomendada polos responsables do curso. Tamén existe a posibilidade de encontros online entre profesores e alumnos por medio de aplicacións tecnolóxicas axeitadas como o Hangouts2 de Google+.

Coursera tamén ofrece cursos de grao en colaboración con Universidades. Por exemplo, a plataforma é socio de HEC Paris para o Executive Master Innovation & Emprendemento[5]. 100% en liña, este programa pretende formar altos directivos especializados nestas dúas áreas en 18 meses[6]. Foi inaugurado en marzo de 2017.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]