Crónica Burguense
A Crónica Burguense, ou orixinalmente Chronicon Burgense, é unha crónica en latín que, xunto cos Anais Composteláns e a Crónica Ambrosiana, poden formar un grupo de historias relacionadas, denominadas colectivamente como Efemérides riojanas por Manuel Gómez Moreno, que pensaba que foran compilados na Rioxa. O Chronicon Burgense recibe o nome da Catedral de Burgos, onde foi descuberto nunha folla dunha necrolóxica/calendario do século XIII. Trata sobre todo de asuntos do Reino de Castela e puido ser escrito en Burgos, a capital castelá. Tamén toca o Reino de Navarra (no que se atopaba A Rioxa daquela) e abrangue o período desde a Natividade de Xesús ata a Batalla das Navas de Tolosa en 1212. Utiliza o sistema de datación da era hispánica e non o Anno Domini. É unha fonte única de varios detalles relacionados coa historia temperá de Castela. O seguinte é un extracto:[1][2][3][4][5][6]
Era MCXV. Fuit hiems gravissima a festivitate S. Martini usque ad Quadragesimam, & in ipso anno pugnaverunt duo milites pro lege Romana, & Toletana in die Ramis palmarum, & unus eorum erat Castellanus, & alius Toletanus, & victus est Toletanus a Castellano.
1077. Foi un inverno severo desde o día de San Martiño ata o primeiro día de coresma. E nese ano loitaron dous cabaleiros [un] polo rito romano e [outro polo] rito mozárabe o Domingo de Ramos. E un destes [o primeiro] era castelán e o outro toledano. E o toledano saíu vitorioso sobre o castelán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ de Berganza, Francisco (1721). Antiguedades De España, II. Madrid. pp. 560–562.
- ↑ "Volume 23; Volume 29 of España sagrada, por H. Florez". España sagrada, por H. Florez. 1767. pp. 307–310.
- ↑ Martínez Añibarro, Manuel (1994). Intento De Un Diccionario Biográfico De Autores De La Provincia De Burgos. Junta De Castilla Y León. pp. 49–50. ISBN 9788478462698.
- ↑ Miranda, A. Huici (1913). Las Crónicas latinas de la Reconquista, I. Valencia. pp. 27–39.
- ↑ Conerly, Porter (1993). Cronicones. Dictionary of the Literature of the Iberian Peninsula 1 (Greenwood Publishing Group). pp. 468–469. ISBN 0-313-28731-7.
- ↑ Martínez Díez, Gonzalo (2005). El condado de Castilla, 711-1038: la historia frente a la la leyenda, Volume 2. Marcial Pons Historia. p. 755. ISBN 9788495379948.