Crónica del rey pasmado
Crónica del rey pasmado | |
---|---|
Título orixinal | Crónica del rey pasmado |
Autor/a | Gonzalo Torrente Ballester |
Orixe | Cataluña |
Lingua | castelán |
Tema(s) | Política de España |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Planeta |
Data de pub. | 1989 |
Formato | Rústica sen solapas 12,5 x 19 cm |
Páxinas | 192 |
ISBN | ISBN 978-84-670-3352-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Crónica del rey pasmado é unha novela en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester publicada en 1989 por Editorial Planeta.
Foi levada ao cinema en 1991 por Imanol Uribe, co título de El rey pasmado, e con guión de Gonzalo Torrente Malvido e Juan Potau.
En 2004 foi incluída na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia.
Trama
[editar | editar a fonte]O rei Filipe IV de España é un mozo de 20 anos. Logo de pasar unha noite cunha prostituta á que mira espida, éntralle o antollo de ver sen roupa a súa muller. Isto convértese nun conflito de estado, no que se ven implicados o seu valido, e máis o consello do Santo Oficio.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra está narrada desde o punto de vista do narrador omnisciente. Aínda que nalgún caso emprega a primeira persoa, dando a entender que o narrador é un membro da corte do rei, non fala dos seus feitos, senón sempre usando a terceira persoa.
Utiliza decote o sentido do humor, parodiando a alta sociedade do momento. A linguaxe empregada utiliza numerosas expresións propias do tratamento cortesán e eclesiástico de inicios do século XVII. Amais do uso do castelán, hai numerosas expresións en latín propias de rezos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Aínda que hai varios personaxes reais, non se explicita o seu nome en ningún momento.
- O rei: Filipe IV de España.
- A raíña; tamén nova, e de procedencia francesa.
- O Conde de la Peña Andrada: nobre galego con patente de corso para atracar barcos ingleses e neerlandeses. Ten a súa casa patrucial no val de Valdoviño, e os seus barcos teñen base en Cedeira, Ortigueira e Cariño.
- Marfisa; a prostituta máis desexada da corte; cobra dez ducados por noite.
- Lucrecia; camareira da anterior.
- o valido do rei, o conde-duque de Olivares. Non logra ter descendencia coa súa muller, e achácao a motivos relixiosos.
- o padre Almeida, un xesuíta portugués, que estivo no Brasil como misioneiro.
- o padre Villaescusa.
Espazo e tempo
[editar | editar a fonte]Está ambientada en Madrid a comezos do século XVII (dise que o rei, que naceu en 1605, ten 20 anos). É no mes de outubro, pero aínda vai bastante calor. Aparecen descritos numerosos espazos da vila castelá, especialmente igrexas, mosteiros e palacios reais.
Fálase da guerra de Flandres e da chegada a Cádiz da frota procedente das Américas cargada de ouro e prata. Fálase da situación social e política da época: o estado endebedado cos banqueiros xenoveses, o poder eclesiástico e as confrontacións entre ordes relixiosas, e a subordinación das persoas ante as institucións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha Arquivado 09 de decembro de 2011 en Wayback Machine. na web da editorial (en castelán).