Saltar ao contido

Crawley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCrawley
Imaxe

Localización
Mapa
 51°06′57″N 0°11′37″O / 51.1157, -0.1937
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSudeste de Inglaterra - South East England
Condado cerimonialWest Sussex
Distrito non metropolitanoCrawley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación106.597 (2011) Editar o valor en Wikidata (2.370,93 hab./km²)
Xeografía
Superficie44,96 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Horley (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico01293 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Dorsten
Alytus (pt) Traducir (2012–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webcrawley.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Crawley é unha cidade e borough (equivalente a un condado ou a unha comarca) do Reino Unido, no distrito de West Sussex, Inglaterra. Encóntrase a 45 km ao sur de Londres, a 29 km ao norte de Brighton e 51 km ao nordés de Chichester. O borough ten unha área de 44,96 km² e unha poboación de 106.597 habitantes, segundo o censo de 2011. É unha cidade importante por albergar o segundo maior aeroporto do país, o Aeroporto de Gatwick, cunha grande relevancia no desenvolvemento da economía comarcal.

Crawley ten as súas orixes en asentamentos na Idade de Pedra hai uns 7.000 anos. Atopáronse evidencias de asentamentos no Neolítico, como ferramentas e traballos de fundición da época romana e tamén unha espada da Idade de Bronce.

No século V, os colonos saxóns déronlle a este enclave o nome de Crow's Leah (que significa "claro infestado de corvos") ou Crow's Wood ("bosque dos corvos")[1]. Aínda que o seu nome mudou considerablemente co paso do tempo, a actual nomenclatura permaneceu invariable desde o século XIV.

Coa chegada dos normandos, Crawley converteuse nunha market town (vila con mercado) no século XIII, centro comercial das vilas e pobos do redor que conformaban o weald (foresta). Ao estar situado na estrada entre Londres e Brighton (inaugurada en 1770), tamén desenvolveuse unha economía comercial de paso, coa creación de casas de posta. Finalmente, en 1841 chegou a Crawley o ferrocarril.

En 1930 construíuse un pequeno aeródromo, próximo ao hipódromo. Ao chegar a segunda guerra mundial o aeródromo foi empregado pola Royal Air Force, e foi o xermolo do Aeroporto de Gatwick.

En 1946 Crawley foi designada como "New Town" (cidade nova), como polo de rápido desenvolvemento residencial, comercial e industrial do Reino Unido. En 1949 trazouse o primeiro plan de crecemento urbano da cidade, sendo inaugurada a primeira zona industrial pola entón herdeira ao trono, a princesa de Gales, Elizabeth.

Aínda que se ten noticia dunha igrexa de orixe saxoa a finais do século X na localidade de Worth, hoxe por hoxe a máis antiga é a de St John the Baptist's Church, construída no século XIII, pero moi modificada no XIX (por exemplo, a torre data do século XV, pero foi refeita en 1804).

No eido das artes, a cidade é xermolo da banda The Cure, que formouse en 1976 no instituto de St Wilfrid's RC School baixo o nome de The Easy Cure. Tamén naceu aquí en 1978 Stuart Harold Pot (2-D), vogal da banda virtual Gorillaz, así como foi residencia do actor Peter Vaughan.

A cidade é sede da aeroliña británica Virgin Atlantic, fundada en 1984.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Ano Poboación[2]
1901 4433
1921 5437
1941 7090
1961 25 550
1981 87 865
2001 99 744
2011 106 597

Segundo o censo oficial do Reino Unido de 2001[3], o 51 % da poboación eran mulleres. A poboación é o 13,2% do total do condado de West Sussex e o seu crecemento foi aproximadamente dun 1000 % no anos do período 1951–2001.

O borough ten unha poboación máis xove e con máis diversidade étnica có resto do condado, con aproximadamente o 64,5% de persoas menores de 45 anos, comparado co 55 % en West Sussex, e o 15.5% de habitantes de minorías étnicas, comparado co 6,5% de todo o condado. Xente da India e Paquistán constitúen o 4,5% e o 3% da poboación respectivamente.

Ten unha densidade de poboación de case 24 persoas por hectárea, o segundo maior do distrito despois de Worthing.

A porcentaxe de persoas con estudos universitarios é ao redor dun 14%, comparado co 20% do total nacional.

  1. COLE, Belinda: Crawley: A History and Celebration of the Town. Salisbury: Frith Book Company, 2004. ISBN 978-1-904938-19-4.
  2. "Distrito de Crawley: Poboación Total". A Vision of Britain Through Time website. National Statistics. 2001. 
  3. Office for National Statistics Arquivado 30 de outubro de 2014 en Wayback Machine..

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]