Saltar ao contido

Cuarta Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da Cuarta internacional

A Cuarta Internacional foi unha organización de diversos partidos comunistas arredor do mundo, que traballaba en oposición ó stalinismo e o capitalismo. Os integrantes seguían as ideas do revolucionario Lev Trotski, e traballaban a prol do proletariado para acadar o socialismo.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Na Francia de 1938, Trotski e moitos dos seus seguidores, que foran expulsados da Unión Soviética, consideraban o Comintern perdido polo estalinismo e incapaz de lidera-lo proletariado internacional cara a toma do poder político. De modo que fundaron a súa propia internacional en contraposición, a IV Internacional.

Na meirande parte da súa existencia, a IV Internacional foi acosada por axentes da KGB (Policía secreta soviética), reprimida polos países capitalistas, como Francia e os Estados Unidos, e cualificada de ilexítima polos seguidores da Union Soviética e máis tarde do Maoísmo -posición que aínda hoxe manteñen-. Perante a segunda guerra mundial, loitaron por manter contacto baixo condicións de ilegalidade e ataques constantes contra eles.

A IV Internacional sufriu unha escisión en 1940 e unha se cabe máis significativa en 1953. A pesar dunha reunificación parcial en 1963, son moitos os grupos que reclaman para si mesmos a continuidade da IV Internacional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]