Década de -540
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -VI | |||||
| |||||
|
549 a.C.
- Artigo principal: -549.
- O rei Nabonid asocia no trono de Babilonia a seu fillo Baltasar (Belsharussur), a quen deixa como rexente (até -539), entanto el se retira a Teima, en Arabia.
548 a.C.
- Artigo principal: -548.
Arte e cultura
- Un incendio destrúe o templo de Apolo en Delfos. A reconstrución non se iniciará até -513.
- Evágoras de Esparta vence nos Xogos Olímpicos na carreira de carros.
547 a.C.
- Artigo principal: -547.
- Batalla do Halis - Nas beiras do río Halis (actual Kizil Irmak), na Anatolia, o xa persa, Ciro II o Grande, derrota completamente as tropas do rei de Lidia, Creso. A vitoria ábrelle a Persia o dominio das terras até o mar Exeo.
546 a.C.
- Artigo principal: -546.
- En Atenas, Pisístrato, apoiado por Tebas e Argos, arríncalle definitivamente o poder ao partido aristocrático e impón unha tiranía moderada, respectando e mesmo impoñéndolle á oligarquía as leis de Solón e deixando ficar as maxistraturas.
- Unifica a Ática, estende a influencia de Atenas, retoma o control dos Dardanelos e faise co Quersoneso táurico (actual Crimea).
- A Frixia, debilitada polas invasións cimerias, é anexada pola Persia após a vitoria de Ciro II sobre Creso.
- Ciro o Grande conquista a Lidia, a Xonia e a Eólide. Destrúen Magnesia, Colofón e Esmirna. Os foceos, cuxa cidade tamén é destruída, refúxianse nas súas colonias do Mediterráneo occidental (Alalia). Mileto sálvase ao declararse aliada dos persas.
545 a.C.
- Artigo principal: -545.
544 a.C.
- Artigo principal: -544.
- Atenas emprende a conquista do Quersoneso tracio.
- Evágoras de Esparta vence nos Xogos Olímpicos na carreira de carros.
543 a.C.
- Artigo principal: -543.
- Primeira purificación de Delos ordenada por Pisístrato.
- Reforma fiscal e agraria en Zheng, no Henan, entre -543 e -538.
542 a.C.
- Artigo principal: -542.
- Ciro II de Persia conquista toda Asia menor, terminando as contendas iniciadas no 547 a.C.. Antes conquistara o reino dos Medos (c. 553 - 549 a.C.) para o que tivo o apoio de parte da nobreza meda; conquistou igualmente o reino de Lidia.
541 a.C.
- Artigo principal: -541.
- Os primeiros xudeus comezan a reconstruíren Israel.
- Dáse a regulamentación dun calendario igual para todo o Imperio Babilónico.
- Confucio dá inicio aos seus estudos, que terminan en -531. Fixo estudos para a vida militar e para a corte. Con 19 anos, encóntrase casado, é pai aos 20. Foi pai dun único fillo.
540 a.C.
- Artigo principal: -540.
Oriente Próximo
Europa
- Comeza o reinado de Amintas I, 1º monarca de Macedonia (até -498).
- Evágoras de Esparta vence nos Xogos Olímpicos na carreira de carros.