Década de 990
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século X | |||||
| |||||
|
990
- Artigo principal: 990.
África
Europa
- Mieszko I de Polonia anexiona Silesia e a rexión de Cracovia ao seu reino, en prexuízo dos príncipes bohemios da dinastía Slavnik (990-1038).
- Fundación da cidade de Lund, Suecia.
991
- Artigo principal: 991.
- Os daneses fan unha incursión en Inglaterra.
992
- Artigo principal: 992.
- Batalla de Conquereuil - Fulk III de Anjou derrota a Conan I de Rennes.
- Bizancio e Venecia estabelecen o seu primeiro tratado comercial.
993
- Artigo principal: 993.
- A Igrexa católica canoniza a Ulrico de Augsburgo.
- Laidulfo sucede a Landenulfo II no principado de Capua.
994
- Artigo principal: 994.
- Odón III chega á maioría de idade e toma o cargo de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- Un ataque a Inglaterra por parte do xefes viquingos Svein I, rei de Dinamarca, e Olav Tryggvason, príncipe de Noruega, obriga ao rei inglés Aethelred II a pagarlles unha forte indemnización en compensación.
995
- Artigo principal: 995.
- Olaf Tryggvason é coroado rei de Noruega e constrúe a primeira igrexa do país.
996
- Artigo principal: 996.
Europa
- 3 de maio - Gregorio V accede ao solio pontificio (até 999).
- 21 de maio - Odón III é coroado como monarca do Sacro Imperio Romano Xermánico (até 1002).
- Batalla de Tesalónica - Vitoria de Samuel I de Bulgaria sobre os bizantinos.
- 16 de xullo - Batalla de Spercheios: Basilio II, emperador de Bizancio, vence sobre os búlgaros, expulsándoos de seguido de Grecia e máis Tracia.
- 24 de outubro - Roberto II sucede no trono francés a Hugo Capeto (até 1031).
Oriente Próximo
- Abu Alí Al-Mansur Al-Hakim tórnase o novo sultán fatimí de Exipto (até 1021).
Ciencia e tecnoloxía
- Ibn al-Haytham, coñecido en Occidente como Alhazen, efectúa a primeira descrición anatómica veraz do ollo.
997
- Artigo principal: 997.
Europa
- As campañas de Almanzor resultan na conquista de Santiago de Compostela (10 de agosto). As campás da catedral son portadas polos prisioneiros até Córdoba.
- Samuil de Bulgaria coroado tsar polo papa Gregorio V.
- Fundación de Gdansk e de Trondheim.
998
- Artigo principal: 998.
- Odón III proclámase "Restaurador do Imperio Romano".
- Odilón, abade de Cluny instaura a celebración do Día de Defuntos.
- Roberto II o Piadoso funda o castelo de Fontainebleau.
- Vladimir de Kíiv casa coa princesa Ana de Bizancio.
- Fundación dunha abadía beneditina en Sherborne.
- Inicio do reinado do sultán Mahmud en Ghazni, Afganistán (até 1030).
999
- Artigo principal: 999.
América
- Fundación da cidade maia de Mayapán na península do Iucatán.
Asia
- Mahmûd de Ghaznî reconstrúe a cidade de Ghaznî (no actual Afganistán).
Europa
- Comezo do reinado de Afonso V o Nobre, rei de León (até 1028).
- Silvestre II, novo papa (até 1003).
- Silesia intégrase no territorio gobernado por Boleslao I de Polonia.
- Primeira intervención dos normandos en Italia: corenta peregrinos defenden a vila de Salerno fronte aos musulmáns.