Dúas mulas e unha muller
Dúas mulas e unha muller | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Two Mules for Sister Sara |
Director | Don Siegel |
Produtor | Martin Rackin Carroll Case |
Guión | Albert Maltz |
Baseado en | Historia de Budd Boetticher |
Intérpretes | Clint Eastwood Shirley MacLaine |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Gabriel Figueroa |
Montaxe | Robert F. Shugrue Juan José Marino Mexico |
Estudio | The Malpaso Company Sanen Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | Dallas: 25 de maio de 1970 13 de agosto de 1970 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Estados Unidos México |
Xénero | Wéstern |
Orzamento | 2,5 millóns de dólares[1][2] |
Recadación | 4,7 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
Dúas mulas e unha muller (en inglés: Two Mules for Sister Sara) é un filme estadounidense de 1970 dirixido por Don Siegel e protagonizado por Shirley MacLaine e Clint Eastwood. Está ambientado durante a intervención francesa en México (1861–1867). O filme ía ser o primeiro dunha asociación exclusiva de cinco anos entre Universal Pictures e Sanen Productions of Mexico.[4] Foi a segunda de cinco colaboracións entre Siegel e Eastwood, despois de Coogan's Bluff (1968). A colaboración continuou con As defraudadas e Harry o sucio (en 1971) e finalmente Fuga de Alcatraz (1979).
Conta a historia dun mercenario estadounidense que se involcra cunha monxa e axuda a un grupo de rebeldes juaristas durante o reinado monicreque do emperador Maximiliano I de México.[5][6] O filme contou con actores e actrices tanto estadounidenses como mexicanos, e foi rodado na campiña preto de Tlayacapan, Morelos. Ennio Morricone compuxo a banda sonora.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Clint Eastwood como Hogan
- Shirley MacLaine como Sara
- Manolo Fábregas como Coronel Beltrán
- Alberto Morin como Xeneral LeClaire
- Armando Silvestre como 1st American
- John Kelly como 2nd American
- Enrique Lucero como 3rd American
- David Estuardo como Juan
- Ada Carrasco como nai de Juan
- Pancho Córdova como pai de Juan
- José Chávez como Horacio
- José Ángel Espinosa como oficial francés
- Rosa Furman como amiga de Sara
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Canby, Vincent; Maslin, Janet; Nichols, Peter (1999). The New York Times Guide to the Best 1000 Movies Ever Made. New York: Times Books. ISBN 0-8129-3001-0.
- Eliot, Marc (2009). American Rebel: The Life of Clint Eastwood. Harmony Books. ISBN 978-0-307-33688-0.
- Frayling, Christopher (1992). Clint Eastwood. Londres: Virgin. ISBN 0-86369-307-5.
- Hughes, Howard (2009). Aim for the Heart. Londres: I.B. Tauris. ISBN 978-1-84511-902-7.
- McGilligan, Patrick (1999). Clint: The Life and Legend. Londres: Harper Collins. ISBN 0-00-638354-8.
- Munn, Michael (1992). Clint Eastwood: Hollywood's Loner. Londres: Robson Books. ISBN 0-86051-790-X.
- Schickel, Richard (1996). Clint Eastwood: A Biography. New York: Knopf. ISBN 978-0-679-42974-6.
- Smith, Paul (1993). Clint Eastwood: A Cultural Production: Volume 8 of American Culture. Minneapolis: University of Minnesota Press. ISBN 0-8166-1960-3.