Saltar ao contido

Damian Lillard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDamian Lillard

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Oakland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDame D.O.L.L.A Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónWeber State University (en) Traducir (2008–2012)
Oakland High School (en) Traducir
St. Joseph Notre Dame High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso195 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, rapeiro, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo0 Editar o valor en Wikidata
Convocado porPortland Trail Blazers (28 de xuño de 2012) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2012 Weber State Wildcats men's basketball
2012–2023 Portland Trail Blazers
2023– Milwaukee Bucks
Participou en
2021Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) Traducir (1º)
22 de decembro de 2020Temporada da NBA de 2020-21 (pt) Traducir
outubro de 2019Temporada da NBA de 2019–20 (pt) Traducir
16 de outubro de 2018Tempada 2018-19 da NBA
17 de outubro de 2017Tempada 2017-18 da NBA
25 de outubro de 2016Tempada 2016-17 da NBA
27 de outubro de 2015Tempada 2015-16 da NBA
28 de outubro de 2014Tempada 2014-15 da NBA
29 de outubro de 2013Tempada 2013-14 da NBA
30 de outubro de 2012Tempada 2012-13 da NBA Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Sitio webdamedolla.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6438048 TV.com: people/damian-lillard
Facebook: DamianLillard Twitter: Dame_Lillard Instagram: damianlillard Youtube: UCIhTfcMzbR5wyNeh57ju0ug Musicbrainz: 3e85a4c2-14d4-4ae5-a988-b42c31802bb8 Discogs: 5616639 Editar o valor en Wikidata

Damian Lamonte Ollie Lillard Sr., nado o 5 de xullo de 1990 en Oakland (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).

Instituto

[editar | editar a fonte]

Lillard xogou para ó Oakland High school, onde estivo no mellor equipo da liga nas súas tempadas coma júnior e coma sénior. Na súa tempada coma júnior, acadou 20 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias por partido; coma sénior, fixo 28 puntos por partido, conseguindo chegar ós 45 puntos nun partido.[1]

Traxectoria universitaria

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2008-09, o seu primeiro ano no baloncesto universitario, Lillard fixo 11.5 puntos por partido e liderou ós Wildcats a gañar a tempada regular da Big Sky Conference. Foi nomeado Freshman do Ano e foi incluído no primeiro equipo de toda a conferencia, sendo o primeiro freshman en facelo dende Rodney Stuckey en 2006.

Coma sophomore, Lillard levou o seu xogo a un nivel máis alto. Aumentou a súa anotación a 19.9 puntos por partido e liderou de novo ós Wildcats para gañar a conferencia na tempada regular. Ó remate da tempada, Lillard foi nomeado Xogador do Ano da Big Sky Conference e foi mención honorífica do equipo All-American por Associated Press.[2]

Na tempada 2010-11, Lillard tivo de novo un gran comezo. Porén, a súa tempada durou menos do previsto debido a unha lesión nun dos seus pés cando se levaban nove partidos disputados.[3] Ata ese intre, Lillard lideraba a Big Sky Conference con 19.7 puntos por partido antes de que a súa lesión o apartara durante o resto do ano.

Na 2011-12, coma júnior, Lillard liderou ós Wildcats a unha marca de 14-2. Ademais foi o líder en anotación en todo o país durante case toda a tempada,[4] con 24.5 puntos por partido ó remate da mesma. Os seus esforzos lle deron a súa terceira inclusión no primeiro equipo da conferencia e o seu segundo premio ó Xogador do Ano da Big Sky. Ademais, foi finalista do Premio Bob Cousy.[5] Pouco despois do remate da tempada, Lillard decidiu saltarse o seu ano coma sénior e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[6] Lillard rematou a súa traxectoria universitaria sendo o segundo maior anotador da historia de Weber State con 1.934 puntos, e o quinto da historia da Big Sky.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Lillard foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers. No seu debut cos Blazers o 31 de outubro e 2012 contra os Los Angeles Lakers,[7] Lillard anotou 23 asistencias e repartiu 11 asistencias, converténdose no terceiro xogador da historia da liga en debutar facendo 20 puntos e 10 asistencias, despois de Oscar Robertson e Isiah Thomas.

  1. Damian Lillard BIO
  2. "Damian Lillard Named 2009-10 Big Sky MVP". weberstatesports.com. Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  3. "Lillard gets medical redshirt; Wildcat star's junior season restored". standard.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 14 December 2011. 
  4. "Weber State Eyes BracketBusters Win". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2012. 
  5. "Lillard Among Cousy Final Five". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2012. 
  6. "Lillard Declares for NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2012. 
  7. "Notebook: Blazers 116, Lakers 106". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]