Deserto do Namib
Tipo | deserto | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Namibia | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 200 () × 2.000 () km | |||
Punto máis alto | Monte Brandberg (pt) (2.573 m ) | |||
Superficie | 81.000 km² Patrimonio da Humanidade: 3.077.700 ha zona de protección: 899.500 ha | |||
O deserto do Namib,[Cómpre referencia] chamado ás veces deserto de Namibia,[1] é un importante deserto de África que se estende ao longo da costa de Namibia, entre o río Cunene, entre Namibia e Angola, ao norte, e o río Orange, que marca a fronteira coa República Surafricana, ao sur.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Dimensións
[editar | editar a fonte]O deserto do Namib ten unha lonxitude duns 2 000 km, unha largura que varía entre os 80 e os 200 km, e unha superficie aproximada duns 81 000 km².[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome, "Namib", significa en lingua nama "enorme".[2]
A ecorrexión
[editar | editar a fonte]Algúns xeógrafos consideran que o biótopo ou a ecorrexión propiamente dita (tal como está definida polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) esténdese entre o río Uniab, 200 km ao norte do cabo Cross, e a cidade de Lüderitz no sur.
A ecorrexión, extremadamente árida, comprende dunas de area, chairas de grava e montañas esgrevias. Completamente desprovisto de auga superficial, aínda que está atravesado por varios leitos secos. Estes leitos están poboados de vexetación e albergan algúns ungulados, como as cebras de montaña de Hartmann (Equus zebra hartmannae).[2]
O sur do deserto é extremadamente seco e incluso carece de leitos secos; o órix do Cabo (Oryx gacella) —localmente denominado gemsbok— é o único mamífero grande que pode vivir neste ambiente hostil. As néboas mestas son frecuentes ao longo da costa, e son o "sangue vital" do deserto, subministrando suficiente humidade para que sobrevivan unha gran cantidade de especies animais interesantes e altamente adaptadas á estas extremadas condicións ambientais.[2]
A parte do Namib que se estende ao norte do río Uniab denomínase deserto de Kaoko, e adéntrase en Angola.
Ten un río sempre con auga, o Cunene, onde chove máis (até 100 mm en tormentas esporádicas de outubro a marzo) e a fauna e a flora son máis abundantes.[2]
A parte do Namib que se estende ao sur de Lüderitz denomínase Karoo (Karoo suculento e Karoo nama) e adéntrase notabelmente en Suráfrica. Ten outro río sempre con auga, o Orange, que noutro tempo estaba poboado de hipopótamos, e caracterízase por ser a rexión do mundo máis abundante en especies de plantas suculentas (máis de 10 000).[2]
O deserto do Nabib considérade que é o deserto máis antigo do mundo,[2] e tense constancia de que xa existía durante a Era Terciaria, hai uns 65-55 millóns de anos,[2] época na que se extinguiron os dinosauros.
Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]A Unesco declarou o Namib como Patrimonio da Humanidade en 2013.[3]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Ascenso á "Duna 45" do deserto do Namib a primeira hora da mañá.
-
Vista de Dead Vlei, a paraxe máis popular do deserto do Namib.
-
Lagoa de carácter temporal formada en Sossusvlei despois dunha chuvia infrecuente no mes de agosto que tivo lugar 15 días antes da foto.
-
Swakopmund. Obsérvese a anchura das avenidas en comparación cos edificios de estilo centroeuropeo.
-
No deserto do Namib, as acacias provén de refuxio e alimento a numerosas especies animais.
-
Camaleón de Namaqua (Chamaeleo namaquensis) no Namib.
-
As acacias secas que permanecen nos deathvleis, algunhas desde hai centos de aos, sirven de miradoiro aos corvos do Namib.
-
Welwitschia mirabilis, a "planta nacional" de Namibia.
-
As acacias secas que permanecen nos deathvleis, algunhas desde hai centos de anos, sirven de miradoiro aos corvos do Namib.
-
Suricatas.
-
O momento en que todos os turistas esperan ao lombo da "Duna 45".
-
Oryx gazella.
-
O cabo Cross, coa colonia de osos mariños máis importante de África.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Este nome é impropio, xa que en Namibia existen outros desertos.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Spriggs, A. (2001): WWF. Terrestial Ecoregions. Deserts and xeric shrublands. Africa. Namibia.
- ↑ Unesco (21 de xuño de 2013). "Sites in Latin America and Germany inscribed on World Heritage List". Unesco.org (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deserto do Namib |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fuller, Alexandra. fotos de Lanting, Frans. "El gran parque de África". National Geographic (en castelán) (xuño 2011): 80–97. ISSN 1138-1434.
- Botha, Laurette Isabella (1970). The Namib desert: a bibliography (en inglés). Cape Town: University of Cape Town Libraries. p. 26. OCLC 138726.
- Seely, Mary (2004). The Namib: Natural History of an Ancient Desert (en inglés) (3ª ed.). Windhoek: Desert Research Foundation of Namibia. ISBN 9991668160.
- Segalen, Loïc (2003). Évolution environnementale du Désert du Namib depuis le Miocène (en francés). Thèse de doctorat: Géosciences et Ressources naturelles. París: Université Pierre et Marie Curie. p. 275. OCLC 491627558.
- Lageat, Yannick (1994). "Le désert du Namib central". Paris: Annales de géographie (en francés) (578): 339–360. OCLC 490233534.
- Tonchi, Victor L.; William A. Lindeke; John J. Grotpeter (2012). Historical Dictionary of Namibia (en inglés) (2nd ed.). Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-7990-4.
- Hamilton III, William J. (setembro de 1983). "The Living Sands of the Namib". National Geographic (en inglés) 164 (3): 364–376. ISSN 0027-9358. OCLC 643483454.