Disfemismo
Aparencia
O disfemismo é o proceso contrario ó eufemismo, que se pode achar nos actos concretos de fala, consistente en designar mediante unha palabra ou expresión pexorativa. Procédese substituíndo os termos adecuados socialmente por expresións pseudosinonímicas ou equivalentes tomadas de rexistros pouco procedentes (morrer / palmar, espichar; cabeza / testa, cachola; camarada / tío, meu). O disfemismo é o esforzo para liberarse da disposición respectuosa que, en xeral, predomina na sociedade actual.
O disfemismo conséguese mediante a pseudosinonimia, a equivalencia (sinonimia entre vocábulo e locución) e as relacións de inclusión (hiponimia, hiperonimia, cohiponimia).