Distrito de Belize
O Distrito de Belize (en inglés, Belize District) é un dos seis distritos nos que se divide o territorio belizense. A capital é a Cidade de Belize, que é tamén a capital e maior cidade do país. No 2000, o distrito tiña unha poboación de 74.065 habitantes.
No territorio do Distrito de Belize atópanse os santuarios naturais de Crooked Tree e Monkey Bay, o Zoolóxico Nacional de Belize e o sitio arqueolóxico de Altún Ha, correspondente á cultura maia.
A maior parte do territorio deste distrito encóntrase no centro do territorio continental de Belize, aínda que tamén posúe numerosas illas no mar Caribe, como Cayo Ambergris, Cayo Caulker, Cayo San Jorge, e Cayo Goff. Ambergris e Caulker son considerados un dos principais destinos turísticos de Belize.
Outro dos principais atractivos é o porto de San Pedro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BelizeDistrict.com
- Mapa en Belize.net Arquivado 14 de abril de 2010 en Wayback Machine. (non inclúe as illas do Caribe que forman parte do distrito).