Dominique de Villepin
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2020.) |
Dominique Marie François René Galouzeau de Villepin, nado en Rabat (Marrocos) o 14 de novembro de 1953, foi o Primeiro Ministro de Francia do 31 de maio de 2005 ao 17 de maio do 2007. Home político e escritor francés, foi ademais ministro de varias carteiras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Rabat, pertencente daquela ao Marrocos francés, fillo de Xavier de Villepin, embaixador e senador centrista elixido pola poboación francesa no estranxeiro ata setembro do 2004.
Politicamente estivo ligado a Jacques Chirac dende os anos 80. Nunca desempeñou un cargo por votación popular; con todo, manifestou en 2005 que non descarta presentarse como candidato presidencial para as eleccións do 2007.
Coñecedor da historia de Napoleón I, publicou diversos textos sobre o tema, entre eles o seu libro "Os cen días", que relata o período no que o Emperador retomou o poder despois de fuxir da illa de Elba. Foi substituído por François Fillon trala elección de Nicolas Sarkozy o 17 de maio do 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dominique de Villepin |
- Discurso de De Villepin ante o Consello de Seguridade das Nacións Unidas (19 de marzo de 2003, véspera da Invasión de Iraq de 2003).
Predecesor: Hubert Védrine |
Secretario Xeral da Presidencia da República Francesa 1995-2002 |
Sucesor: Philippe Bas |
Predecesor: Hubert Védrine |
Ministro de Asuntos Exteriores 2002-2004 |
Sucesor: Michel Barnier |
Predecesor: Nicolas Sarkozy |
Ministro do Interior 2004-2005 |
Sucesor: Nicolas Sarkozy |
Predecesor: Jean-Pierre Raffarin |
Primeiro Ministro de Francia 2005-2007 |
Sucesor: François Fillon |