Saltar ao contido

Donald Johanson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDonald Johanson

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign
Carl Schurz High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropólogo, paleoantropólogo, profesor universitario, prehistoriador, arqueólogo, paleontólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do Estado do Arizona (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaJohanson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1721470
Prof. Donald Johanson

Donald Carl Johanson, nado en Chicago en 1943, é un paleoantropólogo estadounidense, que descubriu en Hadar co seu equipo o 24 de novembro de 1974 o esqueleto parcial dun homínido de 3,18 millóns de anos no Triángulo Afar de Etiopía. Ao esqueleto déuselle o nome de Lucy e actualmente clasifícase como Australopithecus afarensis.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de inmigrantes suecos, quedou orfo aos dous anos e pasou a infancia en Hartford, Connecticut, aínda que comezou estudando química, cambiou á antropoloxía e estudou con F. Clark Howell. En 1972 visita pola primeira vez o Triángulo Afar, e decide organizar unha expedición paleontolóxica á rexión, na que traballou entre 1973 e 1976 e na que se decubriron importantes fósiles, ademais de Lucy, entre os que destacan os fósiles de 13 individuos que se atoparon xuntos, o que se cre é a máis antiga evidencia de grupo social homínido, e ao que se coñece como a primeira familia.

En 1981 estableceu en Berkeley o Institute of Human Origins, que en 1998 trasladou á Universidade estatal de Arizona