Saltar ao contido

E3 Harelbeke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaE3 Harelbeke
Imaxe
Nome oficialHarelbeke-Antwerp-Harelbeke (1958–1969)
E3 BinckBank Classic (2019–2020)
E3 Saxo Bank Classic (2021–2022)
E3 Harelbeke (2014–2018)
E3 Prijs Harelbeke (1970–2002)
E3 Prijs Vlaanderen (2003–2013)
E3 Saxo Classic (2023–) Editar o valor en Wikidata
Tipocarreira dun día Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Epónimoestrada europeia 3 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnión Ciclista Internacional Editar o valor en Wikidata
Parte deClásicas de Flandres Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Vixencia1958 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadamarzoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiale3saxoclassic.be Editar o valor en Wikidata

Stijn Devolder e Guillaume Van Keirsbulck subindo o Muur van Geraardsbergen no 2012.

A E3 Harelbeke, anteriormente denominada Harelbeke–Antwerp–Harelbeke e E3-Prijs Harelbeke, é unha clásica ciclista de primveira que se disputa anualmente en Flandres, Bélxica. A carreira comeza e remata na cidade de Harelbeke tras 203 quilómetros a través de Flandres Oriental.

Comezouse a disputar no ano 1958, polo que é unha das clásicas fundadas máis recentemente. Forma parte do UCI WorldTour dende o 2012 e é a primeira das Clásicas do pavé da tempada. Celébrase cada derradeiro venres de marzo e marca o comezo da Semana Ciclista Flamenga.

Percorrido

[editar | editar a fonte]
Percorrido do 2012.

A carreira comeza no Harelbeke's Grote Markt e segue en dirreción leste por Oudenaarde e Zottegem durante 110 km chans con tramos de pavé. O pelotón chega ao punto máis oriental do percorrido en Ninove no quilómetro 85 de carreira. A partir de alí, os ciclistas tornan de dirección e van cara ao oeste a través de Geraardsbergen e Brakel. Aquí é onde comeza a sucesión de curtas pero empinadas subidas, das que entre Ronse e Oudenaarde gran parte delas son de pavé.

Normalmente ten algo máis de 200 km e sempre comeza e remata en Harelbeke. Ademais, a ruta da carreira sempre contén entre 12 e 17 subidas duras, curtas e de pavé que aparecen nos últimos 90 quilómetros. O tradicionalmente primeiro ascenso da proba é o Leberg, situado preto de Oudenaarde e costa onde nove días despois acaba a principal clásica do pavé belga, o Tour de Flandres. Logo desta ascensión empeza unha gran serie de "muros" case encadeados. Ademais do Leberg, outras das subidas máis famosas e complicadas son o Oude Kwaremont, o Paterberg e o Tiegemberg, que se caracteriza por ser tradicionalmente o último muro a 16 km de meta.

Perfil dos últimos 90 km da edición 2012.

Os 12 muros na orde na que aparecen en carreira son: La Houppe, Berg ten Stene, Boigneberg, Eikenberg, Stationsberg, Taaienberg, Kruisberg, Kapelleberg, Paterberg, Oude Kwaremont, Knokteberg e Tiegemberg. Dentro deles os dous que están considerados como máis duros son: o Paterberg, subida lastrada de 300 m cunha pendente media do 12,5% e o Oude Kwaremont, unha subida de 2200 m ao 4,2% de media, dos cales 1500 m son de pavé.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Gañador Segundo Terceiro
1958 Bélxica Armand Desmet Bélxica Lucien Demunster Bélxica Briek Schotte
1959 Bélxica Norbert Kerckhove Bélxica Jan Zagers Bélxica Norbert Van Tieghem
1960 Bélxica Daniel Doom Bélxica Odiel Van Der Linden Bélxica Petrus Oellibrandt
1961 Bélxica Arthur Decabooter Bélxica Frans Aerenhouts Bélxica André Noyelle
1962 Bélxica André Messelis Bélxica Leopold Schaeken Bélxica Frans De Mulder
1963 Bélxica Noël Foré Países Baixos Peter Post Bélxica Jozef Planckaert
1964 Bélxica Rik Van Looy Bélxica Norbert Kerckhove Bélxica Edgard Sorgeloos
1965 Bélxica Rik Van Looy Bélxica Georges Vanconingsloo Bélxica René Thyssen
1966 Bélxica Rik Van Looy Bélxica Willy Bocklant Bélxica Joseph Spruyt
1967 Bélxica Willy Bocklant Bélxica Jozef Huysmans Bélxica Armand Desmet
1968 Bélxica Jaak De Boever Bélxica Jozef Huysmans Bélxica Herman Van Springel
1969 Bélxica Rik Van Looy Bélxica Georges Vanconingsloo Bélxica Willy Vekemans
1970 Bélxica Daniel Van Ryckeghem Bélxica Roger De Vlaeminck Bélxica Roger Rosiers
1971 Bélxica Roger De Vlaeminck Bélxica Georges Pintens Bélxica Eddy Merckx
1972 Bélxica Hubert Hutsebaut Bélxica Eddy Merckx Bélxica Walter Godefroot
1973 Bélxica Willy In 't Ven Bélxica Albert Van Vlierberghe Bélxica Walter Planckaert
1974 Bélxica Herman Van Springel Bélxica Freddy Maertens Bélxica Frans Verbeeck
1975 Bélxica Frans Verbeeck Bélxica Freddy Maertens Países Baixos Cees Bal
1976 Bélxica Walter Planckaert Bélxica Walter Godefroot Bélxica Daniel Verplancke
1977 Alemaña Dietrich Thurau Bélxica Patrick Sercu Bélxica Eric De Vlaeminck
1978 Bélxica Freddy Maertens Países Baixos Jan Raas Bélxica Ronald De Witte
1979 Países Baixos Jan Raas Países Baixos Frank Hoste Bélxica Michel Pollentier
1980 Países Baixos Jan Raas Sean Kelly Bélxica Rik Van Linden
1981 Países Baixos Jan Raas Bélxica Ludo Delcroix Bélxica Alfons De Wolf
1982 Bélxica Jan Bogaert Bélxica Roger De Vlaeminck Bélxica Daniel Willems
1983 Bélxica William Tackaert Países Baixos Bert Oosterbosch Países Baixos Jan Jonkers
1984 Países Baixos Bert Oosterbosch Bélxica Eddy Planckaert Bélxica Leo van Vliet
1985 Australia Phil Anderson Bélxica Jozef Lieckens Bélxica Eddy Planckaert
1986 Bélxica Eric Vanderaerden Países Baixos Frits Pirard Países Baixos Jos Lammertink
1987 Bélxica Eddy Planckaert Países Baixos Jelle Nijdam Bélxica Marc Sergeant
1988 Italia Guido Bontempi Australia Alan Peiper Bélxica Eddy Planckaert
1989 Bélxica Eddy Planckaert Países Baixos Adri Van der Poel Bélxica Marc Sergeant
1990 Dinamarca Søren Lilholt Italia Fabio Roscioli Países Baixos Adri Van der Poel
1991 Alemaña Olaf Ludwig Australia Phil Anderson Alemaña Uwe Raab
1992 Bélxica Johan Museeuw Países Baixos Wiebren Veenstra Bélxica Eric Vanderaerden
1993 Italia Mario Cipollini Alemaña Olaf Ludwig Países Baixos Jelle Nijdam
1994 Andrei Tchmil Viatcheslav Ekimov Italia Silvio Martinello
1995 Bélxica Bart Leysen Alemaña Steffen Wesemann Eslovenia Martin Hvastija
1996 Bélxica Carlo Bomans Bélxica Peter Van Petegem Bélxica Wilfried Nelissen
1997 Bélxica Hendrik Van Dijck Italia Paolo Fornaciari Dinamarca Brian Holm
1998 Bélxica Johan Museeuw Italia Michele Bartoli Italia Mirko Celestino
1999 Bélxica Peter Van Petegem Bélxica Andrei Tchmil Bélxica Frank Vandenbroucke
2000 Serguei Ivanov Bélxica Geert Van Bondt Bélxica Chris Peers
2001 Bélxica Andrei Tchmil Alemaña Steffen Wesemann Eslovenia Martin Hvastija
2002 Italia Dario Pieri Bélxica Jo Planckaert Bélxica Johan Museeuw
2003 Países Baixos Steven de Jongh Alemaña Steffen Wesemann Bélxica Stijn Devolder
2004 Bélxica Tom Boonen Estonia Jaan Kirsipuu Bélxica Andris Nauduzs
2005 Bélxica Tom Boonen Alemaña Andreas Klier Bélxica Peter Van Petegem
2006 Bélxica Tom Boonen Italia Alessandro Ballan Países Baixos Aart Vierhouten
2007 Bélxica Tom Boonen Suíza Fabian Cancellara Alemaña Marcus Burghardt
2008 Kurt-Asle Arvesen Alemaña David Kopp Bélxica Greg Van Avermaet
2009 Italia Filippo Pozzato Bélxica Tom Boonen Maxim Iglinskiy
2010 Suíza Fabian Cancellara Bélxica Tom Boonen España Juan Antonio Flecha
2011 Suíza Fabian Cancellara Bélxica Jürgen Roelandts Vladímir Gúsev
2012 Bélxica Tom Boonen España Óscar Freire Austria Bernhard Eisel
2013 Suíza Fabian Cancellara Eslovaquia Peter Sagan Italia Daniel Oss
2014 Eslovaquia Peter Sagan Países Baixos Niki Terpstra Geraint Thomas
2015 Geraint Thomas República Checa Zdenek Stybar Italia Matteo Trentin
2016 Polonia Michał Kwiatkowski Eslovaquia Peter Sagan Ian Stannard
2017 Bélxica Greg Van Avermaet Bélxica Philippe Gilbert Bélxica Oliver Naesen
2018 Países Baixos Niki Terpstra Bélxica Philippe Gilbert Bélxica Greg Van Avermaet
2019 República Checa Zdeněk Štybar Bélxica Wout van Aert Bélxica Greg Van Avermaet
2020
Cancelado
2021 Dinamarca Kasper Asgreen Francia Florian Sénéchal Países Baixos Mathieu van der Poel
2022 Bélxica Wout van Aert Francia Christophe Laporte Suíza Stefan Küng
2023 Bélxica Wout van Aert Países Baixos Mathieu van der Poel Eslovenia Tadej Pogačar

Palmarés por ciclistas

[editar | editar a fonte]
Vitorias Corredor Edicións
5 Bélxica Tom Boonen 2004, 2005, 2006, 2007, 2012
4 Bélxica Rik Van Looy 1964, 1965, 1966, 1969
3 Países Baixos Jan Raas 1979, 1980, 1981
Suíza Fabian Cancellara 2010, 2011, 2013
2 Bélxica Eddy Planckaert 1987, 1989
Bélxica Johan Museeuw 1992, 1998
Bélxica Andrei Tchmil 1994, 2001
Bélxica Wout van Aert 2022, 2023

Palmarés por países

[editar | editar a fonte]
Vitorias País
40 Bélxica Bélxica
6 Países Baixos Países Baixos
4 Italia Italia
3 Suíza Suíza
2 Alemaña Alemaña
2 Dinamarca Dinamarca
1 Australia Australia, Moldova Moldova, Noruega Noruega, Polonia Polonia,
Rusia Rusia, Eslovaquia Eslovaquia, Reino Unido Reino Unido, República Checa República Checa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]